Homenaxe aos represaliados en Cedeira
Fecha Lunes, 01 noviembre a las 17:08:40
Tema PHP-Nuke


"Venimos aquí sin rencor y con memoria, a rescatarles del olvido, a ponerles nombre"

Álvarez Areces

Por Fuco Buxán

Celebrouse onte en Cedeira, un emotivo acto de homenaxe aos represaliados pola ditadura, organizado polo Concello de Cedeira, o Principado de Asturias, e as Asociacións Memoria Histórica Democrática e Fuco Buxán.
Tratábase de honrar a memoria de cantos sufriron morte e cárcere no Campo de Concentración da praia da Magdalena (moitos deles asturianos) e de todas as vitimas do franquismo naquela vila, incluindo ao alcalde republicán e parte da corporación.
Asistiron ao acto moitas persoas chegadas de Asturias e de distintos puntos de Galicia, entre os que figuraban o Presidente Asturiano Álvarez Areces, o Presidente da Deputación de A Coruña, os Alcaldes de Cedeira e Ferrol, familiares dos represaliados e moitas persoas pertencentes ao tecido asociativo da comarca (sindical, veciñal, cultural...)

Álbum fotográfico


Intervención do Presidente de Fuco Buxán

Expresar a nosa satisfacción de contribuir e participar neste acto de reparacion e recoñecemento a todas e cada unha das persoas que sofriron cautiverio neste campo, aos cargos públicos e veciños asasinados deste concello. Unha débeda pendente que temos todolos cidadans deste pais, con tod@s aqueles que polas suas conviccións e ideas foron victimas do fascismo.
  A restauración democrática no estado español non e producto do azar. Cristalizou polo compromiso de loita desenvolvido ao longo de anos por homes e mulleres que se enfrontaron en condicions terribles - carcel, tortura exilio mesmamente moitos ofreceron a vida - a unha cruel ditadura, mantendo en alto a lapa da liberdade, este foi o factor determinante no debilitamento da Ditadura, que algúns de xeito intertesado pretenden escamotear. Quero tamen dende aquí rendir Homenaxe e recoñecemento a unha persoa que nos acaba de deixar, o compañeiro e camarada Marcelino Camacho: militante comunista, vangarda da clase obreira a que soupo dotala dun instrumento para defenderse: as CC.OO. Marcelino Camacho singulariza moi ben esta loita. A pesares dos avances (lei da memoria historica), centos de fosas seguen a albergar a miles de asesinados. Hoxe un xuiz que pretende investigar os crimes do franquismo e encausado a instancias de organizacions fascistas. Na recuperación da memoria histórica nos atopamos con serios obstáculos promovidos polo sector dirixente da dereita actual, un sector intolerante, que dí que reabrimos feridas, mantendo un descurso cínico de equidistancia, equiparando as victimas cos victimarios, aos defensores da democracia cos liberticidas. Unha dereita que tenta así lexitimar o franquismo, que nega a resistencia antifranquista e constiúe un elemento perturbador e inquietante dado o seu dubidoso compromiso democratico.A pesares de todos os obstáculos, a recuperacion da memoria e imparable, centos de colectivos, de entidades civicas, levan a cabo esta tarefa. É necesario que, como neste caso fan o Concello de Cedeira e o Principado de Asturias , as institucions se incorporen con mais determinación a esta misión.Este non soio e un acto de xustiza de recoñecemento a todas as vitimas do franquismo, ten tamen outra dimension: á defensa da democracia. Hoxe, cando á par da crise arrecian os descursos xenófobos, racistas que se instalan en gobernos dun continente, que sufreu xa as consecuencias de morte e destrucción do fascismo. A recuperación da memoria cumpre una función esencial na defensa das libertades e de prevención fronte ao fascismo.Amigos/as, decirvos que a actividade desta Asociación Cultural esta guiada polos ideales emancipadores e imperecederos que encarnaban os que hoxe homenaxeamos: Acadar, unha sociedade mais xusta, libre e igualitaria.

A todos eles dende Fuco Buxan, Grazas Infinitas


Link: ASOC. Fuco Buxán






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1260