Feirón na Vila
Fecha Miércoles, 27 octubre a las 10:42:22
Tema PHP-Nuke


O Concello de Cedeira prevé ampliar desde o próximo mes de decembro a celebración do tradicional feirón ao primeiro e terceiro domingo de cada mes. Na actualidade, e desde fai máis dunha década, o paseo marítimo de Cedeira convértese a segunda xornada dominical do calendario nun auténtico mercado ao aire libre no que se instalan centenares de postos de venda ambulantes e ao que se desprazan outras tantas persoas de todos os concellos da comarca.

Debido á importancia que representa esta actividade para a economía da vila mariñeira, o goberno local tratará de atender con esta decisión as frecuentes demandas dos comerciantes que participan de ampliar os días nos que se celebra o popular mercado, e así os seus beneficios.

Alfredo do Río López, concelleiro de Industria, Comercio e Industria, asegura que se trata dunha medida que dinamizará as vendas en tempos de crise económica.

E é que o feirón de Cedeira, ademais de por os visitantes que recibe, destaca pola diversidade de produtos que ofrece. Postos de artesanía, de alimentación, calzado e téxtil, entre outros, ofrécense no paseo marítimo desde que no verán de 1999 o Concello cedeirense decidise recuperar un modo de venda que aínda recordaban os avós co fin de recuperar vellos costumes e impulsar unha actividade económica con gran peso na vila.

O exemplo doutros concellos

A pesar do carácter tradicional deste xeito de venda, son moitos os concellos que apostan polo seu desenvolvemento debido ás vantaxes económicas que leva.

O do municipio de Pontedeume é un dos máis coñecidos e visitados. Celébrase todos os sábados do mes e no que concorren vendedores e compradores de toda a comarca.

Poden adquirirse desde produtos do campo e apeiros de labranza ata animais de compañía e alimentos típicos da comarca.

Link: VONLIne






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1254