Enrique Barreira será o conferenciante
Fecha Martes, 26 octubre a las 12:38:54
Tema PHP-Nuke


Con motivo do acto homenaxe ás vítimas do campo de concentración de Cedeira, previsto para o vindeiro sábado, as asociacións Memoria Histórica Democrática e Fuco Buxán organizan uns actos previos que comezarán o día 29 cunha charla na Casa da Cultura da vila.
Enrique Barreira será o conferenciante e na súa exposición abordará tanto cuestións relacionadas coa fábrica de salgadura reconvertida en penal, como información relativa á fosa de enterramentos localiza en Vilarrube. A convocatoria fixouse para as 20.00 horas e trátase dunha actividade aberta.
En canto aos actos previstos para o sábado, desde a organización apúntase que, dado que se anuncia mal tempo, as intervencións trasládanse ao interior da Casa da Cultura. As mesmas correrán a cargo dos presidentes das citadas entidades, dun representante dos presos, do alcalde cedeirense, José Luís Vergara, e do presidente do Principado de Asturias, Vicente Álvarez Areces.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1253