A CIG chama a participar na manifestación
Fecha Viernes, 22 octubre a las 17:33:15
Tema PHP-Nuke


A CIG anima a todos os galegos e galegas a participar na manifestación do vindeiro domingo 24 de outubro, en Ferrol, en contra do Decreto do Carbón e polo dereito a producir e a traballar na nosa terra. A marcha sairá ás 12:00 horas dende a Praza de España e rematará cunha concentración na Praza de Armas, onde se procederá a lectura dun manifesto. Dende a central nacionalista agárdase que este convocatoria se converta nunha gran demostración do rexeitamento social ao Real Decreto que faga mudar da súa posición ao goberno español.


© 2010 - CIG

A marcha, convocada pola Plataforma contra o Decreto do Carbón, desenvolverase baixo o lema “Polo dereito a producir. Polo dereito a traballar na nosa terra” dentro do marco de mobilizacións que dende o colectivo e a CIG se veñen desenvolvendo en contra da normativa imposta polo goberno español e que creará un grave prexuízo laboral e económico para Galiza. Por iso, a central nacionalista fai un chamamento a participar na marcha a toda a cidadanía, mais especialmente aos Concellos, traballadores/as, veciños/as e colectivos afectados directamente polo Decreto, de cara a converter esta manifestación nunha gran protesta contra este veto político que se nos quere impor. 


Link: CIGONLine - M.F.C.






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1250