HERNÁNDEZ DESTACA O COMPROMISO DA XUNTA
Fecha Miércoles, 20 octubre a las 17:51:23
Tema PHP-Nuke


O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, destacou esta mañá o compromiso da Xunta coa vertebración do norte incrementando o investimento da vía de altas prestacións da Costa cun orzamento de 21,4 millóns de euros. Manifestou que a pesar do recorte orzamentario que o seu departamento tivo que asumir, a Xunta blinda e garante a inversión necesaria para a construción da VAP con este investimento, o que supón un incremento dun 23% respecto do orzamento presupostado en 2010 (17 millóns de euros)

As contas de 2011
O conselleiro de Medio Ambiente destacou que nos orzamentos do ano 2011, unha porcentaxe elevada está relacionada coas infraestruturas viarias, xa que dos 32 millóns de euros un total de 24,8 se dedican a proxectos relacionados con eixes de comunicación como: proxecto de humanización das vías autonómicas en Ferrol (1,9 M€), obras da autovía Ferrol- Vilalba, treito Igrexafeita- Cabreiros e Espiñaredo- Cabreiros (1,2 M€), así como o acondicionamento da estrada Ferrol-Cedeira (AC-566).


© 2010 Xunta de Galicia

Dcto. formato PDF: preme aquí


O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas avanzou esta mañá que a Xunta de Galicia investirá máis de 32 millóns de euros en Ferrol e a súa comarca e sinalou que un 67% destes orzamentos corresponde a execución desta vía de alta capacidade: Concretou que dos 21,47 millóns de euros para a VAP Ferrol-San Cibrao, máis de 10 millóns destinaranse ás obras desta vía ao seu paso pola provincia da Coruña.

O representante do Goberno galego avanzou esta mañá estas cifras durante a visita ás obras do Auditorio de Ferrol, nas que o Goberno galego investirá un total de 400.000 euros ao longo do presente ano e que elevan a inversión total da Xunta neste equipamento dotacional da cidade en máis de 14 millóns de euros. A previsión da Xunta é que as obras rematen en marzo de 2011.

As contas de 2011
O conselleiro de Medio Ambiente destacou que nos orzamentos do ano 2011, unha porcentaxe elevada está relacionada coas infraestruturas viarias, xa que dos 32 millóns de euros un total de 24,8 se dedican a proxectos relacionados con eixes de comunicación como: proxecto de humanización das vías autonómicas en Ferrol (1,9 M€), obras da autovía Ferrol- Vilalba, treito Igrexafeita- Cabreiros e Espiñaredo- Cabreiros (1,2 M€), así como o acondicionamento da estrada Ferrol-Cedeira (AC-566).

Aclarou que non só hai que facer infraestruturas, senón que tamén hai que establecer mecanismos que redunden na mellora da mobilidade dos cidadáns, como é o transporte metropolitano, ao que destinarán 1,5 millóns de euros para a súa implantación definitiva.

A estas cifras hai que engadir os investimentos en materia de vivenda e solo, que no caso de Ferrol se traduce en investimentos para o polígono residencial de O Bertón e para as vivendas de promoción en Bertón. Estas dúas actuacións da Consellería de Medio Ambiente implicarán un investimento de máis de 3 millóns de euros.

Por último, manifestou que en materia de augas garantirase a execución de catro actuacións importantes en tres concellos da Comarca de Ferrol, por un investimento de máis de 2 millóns de euros para o inminente exercicio. Así, en Ares financiaranse as actuacións de saneamento na zona norte da ría de Ares e na zona sur da ría de Ferrol e a dotación de depósitos e colectores xerais de abastecemento na parroquia de San Pedro de Cervás; en Cedeira impulsarase a estación depuradora de augas residuais (case 400.000 euros) e en Narón as obras da segunda fase do saneamento na parroquia de San Mateo (250.000 euros).

Matizou que estas son unhas liñas de acción que, xunto con outros proxectos da actual Xunta, implicarán unha mellora na calidade de vida dos máis de 160.000 veciños da comarca de Ferrolterra, nas relacións comerciais e empresarias desta zona, así como no desenvolvemento e nas oportunidades de futuro desta terra.

Para concluír, afirmou que o seu departamento fará un esforzo importante para a optimizar os recursos da Administración, que son os recursos dos galegos, co obxectivo de investir naquelas actuacións que repercutan nun aumento da calidade de vida da xente.

Auditorio Ferrol
A Consellería de Medio Ambiente destinou un total de 14,87 millóns de euros nas obras do futuro Auditorio de Ferrol. No proxecto tamén se inclúe unha partida de máis de 800.000 euros destinados a dotacións e equipamentos necesarios para a súa posta en funcionamento. Este orzamento permitirá adquirir 900 butacas e equipamento escénico, como o solo desmontable do escenario e o telón cortafogo, así como os equipos de megafonía de voz e datos.

A porcentaxe de obra executada ascende ata o 75% e os traballos que se están a ultimar e que se rematarán nos vindeiros meses seguintes son a fontanaría, electricidade, climatización, protección contraincendios, mobiliario e sinalización, equipamento e urbanización da parcela.

Link: XONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1246