Concello de Cedeira - Emprego municipal
Fecha Miércoles, 20 octubre a las 13:05:42
Tema PHP-Nuke


APROBACION DA BOLSA DE TRABALLO RESULTANTE DO PROCESO SELECTIVO PARA CONTRATACIÓNS LABORAIS TEMPORAIS OU NOMEAMENTOS INTERINOS COMO MONITORES DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS




Asunto: APROBACION DA BOLSA DE TRABALLO RESULTANTE DO
PROCESO SELECTIVO PARA CONTRATACIÓNS LABORAIS TEMPORAIS
OU NOMEAMENTOS INTERINOS COMO MONITORES DE ACTIVIDADES
DEPORTIVAS.
Data decreto: 13/10/2010
Núm. Decreto: 676
Por acordo da Xunta de Goberno Local de data 14 de setembro de 2010, no seu punto 6º, procedeuse á aprobación das Bases específicas para a formación dunha bolsa de traballo para realizar contratacións laborais temporais ou nomeamentos interinos como monitores de actividades deportivas.
Visto o expediente tramitado para a formación dunha bolsa de traballo formada segundo a orde de puntuación obtida para nomeamentos interinos ou contratacións laborais temporais en postos de traballo de contido equivalente de acordo coas normas da citada base.
Vista o Acta da Comisión Seleccionadora de data 7 de outubro de 2010 dacordo coa proposta efectuada, en uso das facultades conferidas pola lexislación vixente, e en especial os artigos 21.1 h) da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladoras das Bases do
Réxime Local, 24.d) do Real Decreto Lexislativo 781/1986, do 18 de abril, o 41.14 c) do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, e o 61.1 s) da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia,
RESOLVO:
1.- Aprobar a lista definitiva coa única aspirante que superou o proceso selectivo para a formación da Lista Aberta para a contratación de Monitores de actividades deportivas en réxime laboral temporal o nomeamento interino mediante a modalidade de contrato de duración determinada que proceda:
1ª MARIA HERMIDA DÍAZ
2.- Ordear se proceda á realización das publicacións dispostas nas bases da
convocatoria.

Así o ordena e dispón o Sr. Alcalde, do que eu, Secretario, dou fe.

Cedeira, 13/10/2010
O Alcalde, O Secretario,
Asdo. José Luis Vergara Rey Asdo. Anxelo Estévez Torres

DCTO. orixinal formato PDF: preme aquí

Link: Concello de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1244