Urbanismo .- Concello de Cedeira
Fecha Miércoles, 20 octubre a las 11:43:00
Tema PHP-Nuke


O alcalde de Cedeira, José Luís Vergara, entrevistarase mañá con responsables da Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en Santiago, para pór en coñecemento do seu titular unha serie de irregularidades, que non quixo desvelar ata reunirse cos responsables do referido departamento xudicial. No entanto, o rexedor municipal si que confirmou que un dos feitos dos que pretende dar conta á Fiscalía foi dado a coñecer xa fai un par de meses por un veciño da vila, sumándose así a esta primeira denuncia. Trátase da construción dun inmoble en cálea María Mediadora, cuxa licencia de obra concedeuse só dous días antes de que se celebrasen as pasadas eleccións municipais, en maio de 2007. O rechamante deste caso, segundo puido saber este xornal ( Diario de Ferrol ), é que esa licenza concedeuse, contra un informe desfavorable do técnico municipal. No referido documento, expedido pola área de Urbanismo, fanse constar unha serie de irregularidades que ademais de non axustarse á licenza de obra concedida polo Concello, indican que esas deficiencias en cuestión tampouco son legalizables.


© 2010 - Diario de Ferrol


En canto ás anomalías ás que fai referencia a denuncia presentada por un particular, o construtor levantaría unha planta máis do inicialmente previsto.
Pola súa banda, o alcalde de Cedeira indicou que este tipo de feitos, unha vez que son coñecidos por calquera funcionario, como é o caso, deben ser postos en coñecemento da autoridade competente. Así mesmo, Vergara asegurou coñecer varios casos novos dos que non quixo falar. De feito, hai que ter en conta que o goberno de José Luís Vergara recibiu xa varios paus da Xustiza, sobre presuntas ilegalidades urbanísticas acometidas no anterior mandato. Primeiro foi a obra do pavillón polideportivo e fai uns días o goberno municipal coñecía unha nova sentenza do TSXG, que obriga ao Concello a derrubar unha vivenda no paseo da Magdalena, a coñecida como a "media casa". Ao parecer no ano 2002 o Concello concedeu unha liciencia de obra ao proxecto que adxudicaba máis cabida á leira da real. "Acatar esta setencia podería supor ao goberno municipal un custo duns 40 ó 50 millóns das antigas pesetas", indicou Vergara. No entanto, os servizos xurídicos do consistorio xa traballan para apelar contra a decisión xudicial para ?"ratar de defender os intereses dos veciños de Cedeira", indicou o rexedor cedeirense.

Novos casos

Outra das irregularidades urbanísticas que serán postas en coñecemento da Fiscalía do TSXG é a construción dun bloque de pisos na rúa Regueiro. Neste caso a situación afecta directamente aos veciños do inmoble, que a pesar de levar varios anos nas súas casas, algúns desde 2006 "que é cando se concedeu a licenza de primeira ocupación", seguen con luz de obra. Isto débese a que Fenosa négase a instalar un transformador debido a unha serie de irregularidades, entre as que figura a carencia de informe técnico do servizo urbanístico municipal. Así mesmo, a licenza de obra fala de 15 pisos e hanse construído 25, chegando a habilitar como vivenda os baixos comerciais que se atopan na planta baixa.
En todos estes casos, se o Concello outorga as licenzas é este quen debería indemnizar en caso de incorrer nunha ilegalidade.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1242