Sabotaxe intencionada en varias estacións eléctricas
Fecha Martes, 19 octubre a las 13:24:56
Tema PHP-Nuke


Uns 300 domicilios da zona rural de Cedeira sufriron a semana pasada os efectos dunha sabotaxe intencionada en varias estacións eléctricas do termo municipal. Así o informou onte o alcalde da vila, José Luís Vergara, quen asegurou que na noite do mércores manipuláronse varias estacións eléctricas, unha na parroquia de Cervo e dúas no Beco e Esteiro.
O rexedor asegurou que non se tratou dunha simple canallada senón do traballo de alguén con coñecementos de electricidade, xa que a persoa ou persoas en cuestión accederon á instalación e cortaron os cables que deixaban sen luz aos veciños, sen causar máis desfeitas.
Os motivos desta acción están claros para Vergara, quen cre que o que se buscaba ?é ofrecer unha imaxe de caos no municipio?. O alcalde tamén considerou que non é unha casualidade que esta sabotaxe coincidise coas vacacións do electricista municipal.
O servizo restableceuse por completo ao día seguinte.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1241