Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) : derribo
Fecha Martes, 19 octubre a las 11:51:35
Tema PHP-Nuke


O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) emitiu unha sentenza na que ordena a derriba dunha vivenda situada no paseo cedeirense da Magdalena. Segundo plásmase no documento, no ano 2002 o Concello de Cedeira -representado pola coalición PSOE-BNG - outorgou unha licenza para un proxecto de obra que vulneraba o ordenamento urbanístico.

En concreto, exponse que o proxecto aprobado presenta un solar para levar a cabo a construción do chalé dunha superficie de ao redor de 80 metros cadrados superior á real, o que se sinala como «unha clara manipulación das medidas e dimensións da leira, alterando as propias dimensións do camiño público».

Na sentenza faise referencia ademais á obrigación do Concello de verificar no seu momento o uso proxectado polos solicitantes da licenza, e que non consta que a corporación municipal se cerciorara no seu día da superficie de parámetros edificatorios como a configuración de alturas.

O alcalde da localidade, José Luís Vergara, afirmou que as irregularidades trataranse de resolver polos servizos xurídicos do Concello «do xeito menos prexudicial posible» para o Concello de Cedeira.


© 2010 - La Voz de Galicia


Vergara sinala ademais que esta irregularidade urbanística, levada a cabo por un anterior goberno municipal, podería supor un gran custo ao Concello cedeirense, xa que tras a demolición da vivenda e tras considerarse oportuno polo xuíz, podería ordenarse a concesión de indemnizacións aos propietarios ao ser a administración local a que outorgou unha licenza sen ser esta verificada.

Ademais do chalé situado no paseo da Magdalena, o rexedor do municipio sinalou que é probable que existan no municipio outros edificios levantados nos últimos anos con licenzas outorgadas por anteriores grupos de goberno de xeito irregular e que vulneran o Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1240