Luis Seoane e San André de Teixido
Fecha Martes, 19 octubre a las 10:42:29
Tema PHP-Nuke




Xosé Díaz, un dos fillos de Isaac Díaz Pardo, nunha entrevista publicada o domingo no Xornal de Galicia  retrata ao polifacético artista
Luís Seoane  e afirma que de ter sido catalán sería moito mais que Miró.
Ao longo desta reportaxe Xosé Díaz recorda a importancia que San André de Teixido tiña no imaxinario de Seoane e fai lembranza de que ao retorno de Bos Aires o primeiro que fai é unha viaxe a este lugar e ademais as duas primeiras obras que deron inicio á gran empresa que é Sargadelos e da que el foi ideólogo e pioneiro xunto a Isaac foron duas pezas en homenaxe a San André de Teixido, e á herba de namorar ademais unha das súas pezas recorda as "sanandreses", figuras de pan coloreadas típicas do lugar:
  




http://www.xornal.com/artigo/2010/10/17/suplementos/contexto/fose-catalan-seoane-seria-moito-mais-miro/2010101700205700955.html

-"O deseñador que tivo a Seoane e Díaz Pardo de mestres fala con pa
ixón malia a súa voz queda. Na súa man leva un caderno escrito con varias cores que lle serve de guía co material da exposición. O que está escrito en azul é a obra para colgar; en vermello, para mostrar en vitrinas e, en verde, as reproducións. O colofón aos cen lugares que elixiu para compendiar unha vida inabarcable dun autor inclasificable é a arte popular. “E fágoo así porque el o primeiro que fai cando retorna de Bos Aires é ir a San Andrés de Teixido. Organiza ­unha excursión cos meus pais e súa muller. Naqueles tempos había que ir camiñando moitos quilómetros porque non chegaba o coche. Para el, San Andrés era volver de todo o máis primixenio de Galicia, ao berce. Alí estaba a Galicia prerromana.

É a Galicia telúrica que pervive a pesar da romanización. Seoane fai dúas figuras en 1967 que son un San Andrés de Teixido para meter auga e unha pomba para levar a herba de namorar. Son as primeiras pezas que se producen en Sargadelos, na etapa nova que instauran Isaac e el. No fondo o que quería era dignificar a arte popular”. Era un xenio cento por cento  por cento."-

http://www.xornal.com/album/2010/10/17/foto/2010101719155800855.html/3#imaxe

Fernando Iglesias Bouza






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1239