Concello de Cedeira - Taxa do lixo
Fecha Viernes, 15 octubre a las 12:08:25
Tema PHP-Nuke


O alcalde presidente da corporación de Cedeira rexeita as acusacións do PP sobre a taxa do lixo. Vergara, aínda que recoñece que o censo utilizado para a recadación do imposto dá lugar a certos erros, explica que o Concello estuda unha a unha as alegacións presentadas polos veciños e alega, ademais, que a administración apraza o pago correspondente ata a resolución das mesmas. Por outra banda, cuestiona o dereito do PP a criticar o procedemento na aplicación dunha taxa que se pasa ao cobro desde o ano 2008 pola privatización dun servizo que se formalizou durante o último mandato dos "populares" á fronte da corporación municipal. Sobre esta cuestión, o alcalde recorda que o contrato ten unha vixencia de 15 anos e que asumir este compromiso suponlle ás arcas municipais un desembolso anual de 600.000 euros. Esta situación levou aos actuais responsables municipais a valorar a posibilidade de rescatar o contrato.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1235