Concello de Cedeira - AC566
Fecha Viernes, 15 octubre a las 12:05:38
Tema PHP-Nuke


O Concello de Cedeira retoma as súas reivindicacións con respecto á AC-566. Así, o alcalde, José Luís Vergara, estuda a posibilidade de convocar para a próxima semana a celebración dunha xunta de portavoces a fin de invitar ao conxunto das forzas políticas a sumarse a un máis que probable calendario de mobilizacións.
Este, segundo as intencións do primeiro edil, pasa inicialmente por unha inicial aproximación á poboación local coa distribución de panfletos aproveitando a cita do feirón que todos os segundos domingo de mes ten lugar no municipio. Vergara confía en contar coa axuda e colaboración das entidades con representación no termo municipal para poder desenvolver unha iniciativa coa que se busca chegar á xente, ademais de dar a coñecer as pretensións que o goberno ten con respecto á citada estrada. Estas pasan obrigatoriamente, segundo o alcalde, por conseguir da Xunta que inclúa unha partida suficientemente ampla nos seus próximos orzamentos para que se poidan acometer as obras de ampliación e mellora comprometidas no seu día polo goberno bipartito para a citada estrada.

Un trazado con 69 curvas e un asfalto en moi malas condicións, por non citar os oito accidentes mortais ocorridos nos últimos meses, son os principais argumentos que se apuntan desde a administración local de Cedeira para non descartar, ata, unha posible marcha a pé ata a cidade de Ferrol. Así, búscase evidenciar o malestar que existe no municipio con respecto ás condicións da vía. Esta, a día de hoxe, representa a única comunicación que teñen os cedeirenses para viaxar a outros territorios da comarca.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1234