Programa de reciclaxe de residuos sólidos urbanos
Fecha Jueves, 14 octubre a las 18:13:06
Tema PHP-Nuke


A Mancomunidade de municipios da ría de Ferrol promoverá a compostaxe, a través dun programa de reciclaxe de residuos sólidos urbanos, que comezará a aplicarse este mes cun orzamento de 19.020 euros.

A Xunta achegará o 49%, a través da Consellería de Medio Ambiente, e municipios o restante 51%, segundo indicaron fontes do Goberno ferrolán.

Nunha reunión celebrada nas últimas horas en Ferrol, a Mancomunidade da ría, que integran os concellos de Ferrol, Ares, Mugardos, Fene, Neda, Narón, Valdoviño e Cedeira acordou pór en marcha este primeiro proxecto conxunto a fin de buscar unha solución ambiental aos residuos orgánicos.

Nos próximos días, colocarán 100 caixóns repartidos entre os oito municipios. Cada un, con capacidade para 400 litros de desperdicios orgánicos destinados a recoller o material susceptible de ser reciclado en abono ecolóxico de alta calidade.

Vicente Irisarri, o rexedor ferrolán, subliña que cada veciño xera de media "un quilo ou 1,2 quilogramos" de lixo diario, da que o 45%, é materia orgánica que pode ser reciclada mediante un proceso de compostaxe.

O programa contará coa colaboración de Adega, a entidade ecoloxista que impartirá unha serie de charlas nos oito concellos para informar sobre o modo de reducir os custos na xestión dos residuos urbanos e buscar unha mellor solución ambiental.

A compostaxe é o tratamento máis ecolóxico para o lixo orgánico. Reduce as emisións contaminantes e permite elaborar un abono que serve como fertilizante natural que substitúe aos derivados químicos, concluíron.

Link: EFEONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1232