Nace na CIG unha nova corrente
Fecha Jueves, 14 octubre a las 12:40:21
Tema PHP-Nuke


Vigo será hoxe sede do nacemento dunha nova corrente dentro da Confederación Intersindical Galega (CIG) que xorde para reivindicar unha maior independencia da organización respecto ao BNG e, máis concretamente, respecto da Unión do Povo Galego (UPG), partido hexemónico na fronte nacionalista. Aínda que xurdida en Vigo, a corrente nace «con vocación nacional», e entre os seus impulsores están históricos dirixentes do naval, como Manuel Currás Meira, Meiriña , e Miguel Anxo Malvido, un dos líderes das últimas revoltas do metal, enfrontado ao sector oficial.

Os promotores desta iniciativa acusan á UPG, forza dominante no BNG e na CIG, de facer unha sorte de limpeza étnica contra todos os disidentes. E pon como exemplo o recente caso de Chelo Martínez, unha histórica do sindicato nacionalista en Povisa (presidenta do comité), recentemente despedida, e á que a CIG desamparó «trala patada dá empresa», tal e como denuncian os impulsores da corrente. Un movemento do que formarán parte tamén María do Tránsito Fernández, Transi  , secretaria comarcal de CIG Servizos, Braulio Amaro, da federación de Ensino, e Lois Pérez Leira, un dos fundadores de Nova Esquerda Socialista.

A futura corrente considera que a CIG debe funcionar cunha independencia que non ostenta baixo a batuta de Xesús Seixo, que lidera unha executiva totalmente controlada pola UPG, que intentou varrer calquera indicio de disidencia. Como exemplo recorren ao que aconteceu con algúns dos membros do Movemento pola Base -outra corrente crítica coa liña oficial xurdida nos tempos do bipartito- e recordan que, tal e como ditaminou a Xustiza, o sindicato chegou a expulsar a un dos seus integrantes por razóns ideolóxicas. Despedimento que o xuíz considerou nulo, o que obrigou á CIG a readmitir ao empregado.

De momento, descoñécese o nome da corrente, pero os seus impulsores están citados hoxe ás 20 horas na Escola Oficial de Idiomas de Vigo para a reunión constitutiva.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1231