Quintana deixa o liderado do BNG
Fecha Sábado, 14 marzo a las 13:37:37
Tema PHP-Nuke


O até o de agora voceiro nacional do BNG, Anxo Quintana, abriu este sábado o Consello Nacional da formación anunciando que nas vindeiras semanas vai abandonar o cargo de voceiro nacional. Nun discurso de pouco máis de quince minutos, Quintana revelou que a Executiva Nacional dimite en pleno, aínda que queda en funcións para evitar un baldío até que se celebre a Asemblea Nacional extraordinaria. O Consello Nacional ten que elixir agora unha xestora que será a encargada de preparar a asemblea.

O de Allariz propuxo unha asemblea por delegados aínda que pediu que fose “o máis ampla posíbel”. Para iso, avogou para que, como mínimo, participen 2.500 militantes. Quintana sinalou que a primeira fin de semana de maio podería ser a data idónea para o debate nacional.

Logo de deixar claro que non vai optar outra vez á portavocía nacional, Quintana pediu perdón polos posíbeis erros cometidos e convidou á militancia a manter a unidade da organización. Posteriormente, xa a porta pechada, comezou o debate no Consello Nacional.

Link: VIONline






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=123