ANA KIRO - por Xosé Antón Suárez
Fecha Lunes, 11 octubre a las 18:05:27
Tema PHP-Nuke


Hai poucos días deixounos a cantante Ana Kiro, Mª Dolores Casanova González.
Cecais poucos saiban que Ana Kiro, estivo vencellada a Cedeira durante uns anos da súa nenez-adolescencia, pois era filla dun gardacivil que estivera aquí destinado. Ana (Lolita), foi á escola de Piñeiro e xa daquela despuntaba no eido da música, gustaba de cantar e actuar . Tiña moitos amigos e amigas, Filucho presumía de ser o seu mozo. Boeno, o caso é que poucos días despois de morrer alguén me comentou que Ana Kiro nunca se acordara de Cedeira despois de chegarlle a fama (compartiu escenarios con José Guardiola, Manolo Escobar, Salomé, Julio Iglesias, Juan Pardo, etc, foi unha verdadeira show-woman). Teño que dicir ó respecto que tal negación non é certa. No ano 1987 gravou unha casete e un dos títulos recollidos é VILA DE CEDEIRA, dous anos máis tarde gravou outro no cal se inclúe o título SAN ANDRÉS DE TEIXIDO, ámbolas dúas composicións son pasodobres, o primeiro da autoría de Manolo Pardo Gómez e letra de Ana, e o segundo baseado en coplas polulares de San Andrés con música de José Luís Blanco e José R. Sierra.
Así que para xeral información, sí, Ana  Kiro, lembrou a Cedeira no seu corazón como canta no retrouso da primeira peza:

Vila de Cedeira,
 tan garimosa,
Virxe Mariñeira,
branca e fermosa.

Vila feiticeira,
do meu querer,
Vila de Cedeira, (bis)
non te hei de esquecer.


Link: Xosé Antón Suárez






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1224