Concello de Cedeira - Emprego municipal
Fecha Viernes, 08 octubre a las 13:36:51
Tema PHP-Nuke


APERTURA DE PRAZO DE SOLICITUDES PARA COMPLETAR A BOLSA DE TRABALLO PARA REALIZAR CONTRATACIÓNS TEMPORAIS COMO MONITORES DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS SEN TITULACIÓN

Dcto en formato PDF: preme aquí


RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA
Asunto :APERTURA DE PRAZO DE SOLICITUDES PARA COMPLETAR A
BOLSA DE TRABALLO PARA REALIZAR CONTRATACIÓNS TEMPORAIS
COMO MONITORES DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS SEN TITULACIÓN
Data decreto: 08/10/2010
Núm. Decreto: 666
Pola Xunta de Goberno de 14 de setembro de 2010 se aproban as Bases para a
formación dunha bolsa de traballo para realizar contratacións laborais temporais ou
nomeamentos interinos como monitores de actividades deportivas, que son publicadas
no BOP de 17 de setembro de 2010.
No prazo de presentación de instancias unicamente se presentan duas persoas coa
titulación requerida. Da Acta do Tribunal Seleccionador de 7 de outubro de 2010 se
desprende que unicamente unha persoa superou o proceso selectivo.
Na D.A. da Bases se preveía que "debido á urxencia na cobertura dos postos de traballo
antes do inicio do curso escolar, no caso de que resultara deserta a selección por falta de
aspirantes ou por resultar insuficiente o número de persoas incluídas na bolsa de traballo
procederase a realizar unha nova convocatoria de xeito inmediato que se anunciará no
taboleiro de edictos do concello por prazo de 6 dias sen requisito de titulación. Ó
acceder a posto de traballo sen o requisito de titulación o nomeamento correspondera a
monitores sen titulación (grupo E). A selección realizarase de conformidade cos
criterios expresados na Base 10."
Polo exposto, RESOLVO,
1. Iniciar o prazo de 6 días para presentar instancias para completar a Bolsa
de Traballo para realizar contratacións laborais temporais ou nomeamentos
interinos como monitores de actividades deportivas, sin que esta vez se aplique o
requisito de titulación previsto na Base 7.c, que finalizará 16 de outubro de 2010.
2. Ter por presentado nese prazo a solicitude de Esther Pérez Iglesias.
3. Convocar os membros da comisión seleccionadora nomeados na resoluición nº
648 de 5 de outubro de 2010, para o martes día 19 de outubro de 2010 ás 16:00 horas,
na Casa do Concello.
4. O luns 18 de outubro de 2010 realizarase chamamento telefónico aos ós/ás
candidatos/as comunicando a data, lugar e hora da convocatoria da comisión
seleccionadora.
5. Publicar esta Resolución no Taboleiro de Edictos do Concello.
Así o ordena e dispón o Sr. Alcalde, do que eu, Secretario, dou fe.
Cedeira, 08/10/2010
O Alcalde, O Secretario,
Asdo. José Luis Vergara Rey Asdo. Anxelo Estévez Torres

Link: Concello de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1220