PP Cedeira : denuncia
Fecha Viernes, 08 octubre a las 13:07:44
Tema PHP-Nuke


O PP de Cedeira denunciou onte, a través dun comunicado, o cobro irregular da taxa de lixo no municipio. Consideran que a redacción da ordenanza xa foi «desacertada» e que a confección do censo de contribuíntes e a execución e o cobro das taxas «están resultando unha chapuza de notoria dimensión» que, argumentan os populares, «deriva en graves prexuízos e molestias para os veciños».


Cando o obxecto da taxa debería ser a titularidade do inmoble ou do local mercantil, na práctica, denuncian desde o PP de Cedeira, estanse tramitando «incontables recibos ilegais» que, no caso das leiras urbanas, gravan a prazas de garaxe ou trasteiros, e locais inertes que carecen de actividade algunha. E na zona rural, proseguen os populares, estanse remitindo facturas a galpóns, hórreos e galiñeiros.

«Isto supón -sinalan- unha multiplicación de recibos erróneos» e piden unha revisión de oficio de todos os cargos realizados para eludir unha posible demanda veciñal.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1219