Declaración de Terra Galega sobre Decreto do carbón
Fecha Jueves, 07 octubre a las 17:12:10
Tema PHP-Nuke


Apoiamos  a todos os traballadores das empresas afectadas, aos autónomos e aos habitrantes das vilas gravemente danadas pola decisión do goberno,  así como as medidas que estimen oportuno tomar para presionar ao executivo do sr. Zapatero co fin de anular a súa decisión ou, como mínimo, artellar medidas en beneficio das empresas, os traballadores e as vilas afectadas.

Hoxe, se un país quere avanzar necesita, de xeito imprescindible, infraestruturas que lle permitan captar e manter o investimento dos empresarios.Terra Galega aposta pola creación e mellora das infraestructuras, e por iso aplaudimos no seu momento a mellora das centrales térmicas de As Pontes e Meirama para adaptar o seu ciclo as normativas europeas, aumentar a súa eficiencia e reducir a contaminación atmosférica.O Real Decreto de Restricciones por Garantía del Suministro condena á desaparición a ambas centrais térmicas, aumentando a agonía dunha cunca mineira que xa fai mais de dúas décadas que tiña que ter sido obxecto dunha reconversión planificada e consensuada cos axentes implicados. Ningún dos diferentes gobernos españois  de 20 anos aquí planificou tal reconversión, e o actual agrava o problema a día de hoxe. Para desgraza de Galicia,  tal e como nos ten acostumados este goberno, volven a dinamitar a nosa terra e pretenden que mais de 2.000 familias vaian ao paro. Xa o fixeron coa Pesca, co sector naval, co lácteo, coa agricultura... O goberno español non fai máis que poñer trabas a que Galicia peche calquera ciclo productivo.Será unha medida que Terra Galega non aceptará. Apoiamos  a todos os traballadores das empresas afectadas, aos autónomos e aos habitrantes das vilas gravemente danadas pola decisión do goberno,  así como as medidas que estimen oportuno tomar para presionar ao executivo do sr. Zapatero co fin de anular a súa decisión ou, como mínimo, artellar medidas en beneficio das empresas, os traballadores e as vilas afectadas.

Link: TEGAONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1217