Vergara acusa á Xunta
Fecha Jueves, 07 octubre a las 12:17:14
Tema PHP-Nuke


«Cheira a tufo de presión por parte dá Xunta para que a empresa abandone o proxecto». Así de contundente mostraba onte as súas sospeitas o alcalde de Cedeira, o socialista José Luís Vergara, de que a decisión de renunciar á construción do porto deportivo da vila fose forzada polo ente público Portos de Galicia. «Temo que teña máis que ver con que é un bocado moi apetitoso para outro tipo de empresarios», aventurouse a dicir o rexedor respecto ao anuncio feito antonte polo ente autonómico, que informaba de que a empresa, a antiga Bardera, solicitara a desestimación da adxudicación do 2005 ao quedar «sen posibilidade algunha de actuación» debido ás alteracións do proxecto que reduciron as atracadas a 200. Desde a empresa limitáronse a sinalar que a resolución adoptouse por mutuo acordo.

En todo caso, argumentou Vergara, esa renuncia suporá o inicio dun novo proceso no que, engadiu, o goberno municipal solicitará unha nova modificación do proxecto para reducir aínda máis os amarres e deseñar un novo modelo de porto que supoñan un menor impacto sobre a bahía cedeirense.

Link: VONLIne






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1216