Escolar de Piñeiro
Fecha Domingo, 03 octubre a las 10:31:58
Tema PHP-Nuke


O Concello de Cedeira financiou cunha axuda da Deputación e un 30 % de achega propia a rehabilitación do antigo escolar de Piñeiro, unha construción indiana que pasará a ser o centro neurálxico da música local.
A reforma requiriu case 39.000 euros e as obras consistiron na insonorización dalgunhas salas e na construción de aseos, ademais doutras intervencións de menor calado. A entrada en servizo do antigo escolar como centro musical dará lugar ao recoñecemento público dos emigrantes que no seu día fixeron posible a construción da escola colocando unha placa na zona máis visible do edificio, pero, sobre todo, á unificación en gran parte das agrupacións musicais existentes no muncipio nun mesmo emprazamento. Deste xeito, o Concello de Cedeira favorece a cultura musical, á vez que crea a infraestrutura adecuada para difundila.


© 2010 - Diario de Ferrol


Neste sentido, cabe destacar que a día de hoxe máis de 200 persoas, entre menores e adultos, están vinculados ás seccións instrumentais das formacións musicais existentes no municipio. Son, precisamente, os integrantes das mesmas os que, a partir de agora, acudirán regularmente á escola de Piñeiro para formarse en música de adordeón e gaita, entre outras opcións.
Desde a Alcaldía de Cedeira adiántase que é intención do grupo de goberno seguir investindo na propiedade, de modo que a próxima partida destinarase á sustición ou reparación de fiestras.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1212