Percebeiros vs Confraría
Fecha Viernes, 01 octubre a las 08:45:41
Tema PHP-Nuke


Algúns percebeiros de Cedeira, un colectivo ao que están vinculados case un centenar de profesionais, non senten representados polas persoas que a día de hoxe están á fronte da Confraría de Pescadores. Piden a celebración de eleccións anticipadas e argumentan a súa postura en base á practicamente nula comunicación que a día de hoxe existe entre o citado colectivo e os responsables do depósito cedeirense. Neste sentido manifestábase onte Ramón Paz, un traballador con longa traxectoria profesional vinculada ao percebe e responsable, a finais dos anos noventa, da agrupación que se constituíu a partir da repartición da denominada Zona Oitava.
Ramón Paz entende que os intereses do colectivo non son prioritarios para os actuais responsables da Confraría, aínda cando a extracción do percebe representa unha das principais fontes de ingresos para o depósito.
Neste sentido, Paz subliñou que "por encima de todo están os valores da xente do mar" e recordou que "houbo un tempo no que había aspiracións e unidade", e no que ata se chegou a barallar a posibilidade de crear unha denominación de orixe para identificar os percebes que son extraídos en determinadas épocas do ano da zona comprendida entre o faro de Meirás e a referencia costeira denominada Pedra do Barcelona.
Os mercados nacionais, segundo este representante dos percebeiros da zona de Cedeira, están saturados de produtos que chegan doutras costas de Europa e África e esta situación, en opinión de Ramón Paz, prexudica de tal forma ao sector que pon en perigo desde os postos de traballo ata o recoñecemento mundial que merece "un produto único".
"Nunca tan mal estivemos".

É a opinión que onte reiterou Ramón Paz en varios momentos da conversación que mantivo coa redacción de Diario de Ferrol.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1208