Normalidade no día de Folga
Fecha Jueves, 30 septiembre a las 09:36:55
Tema PHP-Nuke


Noutros municipios de Ferrolterra, os piquetes e os establecementos pechados ante a presión sindical só víanse pola televisión. E é que a folga pasou desapercibida polos concellos da comarca do Ortegal e por Valdoviño e Cedeira, onde a paz reinou e a actividade comercial foi constante durante todo o día.

Nas instalacións portuarias tampouco se produciron incidentes e a mercancía dos barcos descargouse sen atrasos na maioría das vilas mariñeiras.

Foi no concello cedeirense onde o paro parecía deixar menos pegada. Un percorrido pola vila era suficiente para observar como na maioría dos negocios os clientes realizaban as súas compras como un día calquera de semana, aínda que cabe destacar que moitos empresarios aseguraron notar unha baixada nas vendas, achacando tamén este feito á choiva que caeu intermitentemente durante todo o día.

María Antonia Díaz, propietaria dunha céntrica florería de Cedeira, asegura que a inexistencia de piquetes e mobilizacións pola folga xeral posibilitou que os propios comerciantes decidisen libremente exercer o seu traballo. «Non está o país para deixar de vir vender, fai moita falta», dixo.

A mesma opinión compartíaa María José García, dependenta dun comercio de roupa, que afirmou, no entanto, que o seu marido que traballa en Somozas si secundou a folga pola repercusión maior que o paro tivo nesta zona.

As cafeterías da praza de Galicia enchéronse de clientes que comentaban, sen ser testemuñas presenciais, a existencia da folga xeral.

Os supermercados funcionaron durante todo o día con normalidade do mesmo xeito que os establecementos bancarios. Non se rexistraron apenas incidencias.
Link: VONLIne






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1206