O soldo de Tobío: á xunta de goberno
Fecha Jueves, 30 septiembre a las 09:33:36
Tema PHP-Nuke


A proposta do PP presentada a pleno o pasado martes para reducir o soldo de Xermán Tobío, portavoz de Tega, levará á xunta de goberno nos próximos días. Así o anunciou o alcalde da localidade, José Luís Vergara, que asegura que a moción non se chegou a discutir ao ser só competencia súa aprobar a iniciativa unha vez que esta se discuta co grupo de goberno local. O rexedor prevé incluíla como un punto da orde do día na seguinte sesión.

O portavoz do grupo municipal do PP, Eduardo Foces, asegura que o axuste do salario do edil é unha medida «máis que xustificada en tempos de crises ao custar este político a Cedeira ao redor de 50.000 euros anuais», polo que demanda ademais celeridade nos trámites.

Na mesma sesión, Tobío presentou unha proposta para sancionar aos concelleiros que se ausenten de forma reiterada aos plenos, referíndose en concreto a Leopoldo Rubido, do grupo do PP. Vergara trasladou tamén esta cuestión ao debate da xunta de goberno local e sinalou que para pór esta iniciativa en marcha será necesario elaborar un regulamento que especifique as sancións.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1205