Concesións de A Capelada
Fecha Miércoles, 29 septiembre a las 08:39:11
Tema PHP-Nuke


Máis dun milleiro de cabezas de gando pastan na serra da Capelada, unha propiedade maioritariamente en mans do Concello de Cedeira e que abarca unha superficie de 2.500 hectáreas. Nesta extensión localízanse un total de trece pasteiros.
Estas zonas de monte baixo explótanse en base a concesións gratuítas que están en vigor desde a década dos anos cincuenta e que agora o goberno de José Luís Vergara propúxose revisar á vista de que algunhas son "manifestamente mellorables" e outras pasaron a mans de persoas alleas ás Sociedades Agrarias de Transformación e ás cooperativas de veciños, que son as únicas autorizadas.

O Concello pediu a colaboración de Extensión Agraria para levar a cabo o seu propósito e a primeira reunión tivo lugar no día de onte. Na mesma tomouse o acordo de abrir un prazo de quince días para solicitar información, documentos e demais cuestións que poidan demostrar a relación que existe entre os gandeiros que se benefician dun determinado pasteiro e as entidades que as xestionan. Pasados eses días, se cotejarán os informes, analizaranse os resultados e tomaranse decisións, nalgúns casos, contrarias aos intereses dos gandeiros.
Desde a Alcaldía de Cedeira apúntase que factores como a viabilidade económica e a gandería como principal fonte de ingresos serán claves á hora de manter ou, pola contra, romper acordos con máis de cincuenta anos de vixencia, nalgúns dos casos. O alcalde presidente da corporación municipal de Cedeira, José Luís Vergara, é consciente das dificultades e problemas que o asunto pode xerar.
Neste sentido, o rexedor afirmou que "sabemos que nos estamos metendo nun abispero" e despois engadiu "non por iso o Concello debe mirar para outro lado ou ser cómplices de situacións que, cando menos, poden chegar a ser irregulares". Vergara explicou que o Concello está obrigado a intervir para vixiar polo cumprimento de acordos que nunca ata agora foron revisados.
O censo de gando vacún que a día de hoxe baralla o Concello de Cedeira está integrado por un total de 1.036 animais, dos que 563 son vacas, 303 pastan en liberdade e case 170 viven baixo o coidado de unidades familiarias que teñen na gandería a súa principal fonte de ingresos. A serra da Capelada é un espazo natural no que se localiza desde a roca máis antiga da península (anfibolita) ata os cantiis máis altos de Eupora, pasando por unhas zona de singular beleza e rutas especialmente indicadas para a práctica do sendeirismo. A estas riquezas cabe engadir o factor forestal e o gandeiro.

Link: DFONLIne






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1203