TEGA: Álvarez non será candiadata en 2011
Fecha Miércoles, 29 septiembre a las 08:34:27
Tema PHP-Nuke


A alcaldesa de Valdoviño, Isabel Álvarez, anunciou no comité comarcal de TEGA -celebrado o pasado luns na sede do partido en Santa Icía, Narón- a súa intención actual de non ser a candidata de Terra Galega á alcaldía valdoviñesa en 2011. Pola súa banda, o concelleiro Gonzalo Doce asegurou que nos próximos días comunicará oficialmente á agrupación se continúa ou non formando parte de TEGA.
Actualmente ambos manteñen a súa ficha no partido, aínda que polo momento non clarifican publicamente a súa postura de face ao futuro máis inmediato. O que si confirmaron ambos no transcurso do encontro celebrado en Narón é que non formarán parte das listas do PP, unha decisión que confirmaron tanto a alcaldesa como o concelleiro.
O alcalde naronés, Xosé Manuel Branco, foi o encargado de presidir unha reunión á que non puido asistir o secretario xeral do partido, Xermán Tobío, tal e como el mesmo confirmou. En calidade, segundo recalcou, de portavoz da reunión comarcal, Branco indicou que tanto Álvarez como Doce recoñeceron o pasado luns que continuaban en TEGA, especificando que "se algún día toman unha deisión, comunicaranlla aos órganos do partido".

A próxima reunión comarcal celebrarase a finais do próximo mes de outubro, probablemente o día 25. Antes de que o encontro teña lugar coñecerase a decisión do edil Gonzalo Doce con respecto á agrupación, segundo el mesmo asegurou.
Acerca das últimas situacións vividas en Terra Galega -coas baixas oficiais do edil Antonio Montero e o presidente do comité local de Valdoviño, Xosé Carlos Freire como feitos máis recentes-, Branco aludiu a "intereses de xente que se foi do partido para desestabilizalo". "Aí non imos entrar, non van conseguir cargarse o partido", subliñou o portavoz da reunión do comité comarcal de TEGA.
Xosé Manuel Branco explicou que, de face ás próximas eleccións municipais están traballando conxuntamente os comités de Ferrol, Narón, Neda e Valdoviño para tratar de "consolidar o partido" na comarca de Ferrolterra

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1202