Novo fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por vento
Fecha Domingo, 08 febrero a las 19:10:04
Tema PHP-Nuke


A Dirección Xeral de Protección Civil da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza aconsella á poboación adoptar as medidas de autoprotección oportunas ante a chegada dun novo fenómeno de meteoroloxía adversa de nivel de alerta laranxa por vento en terra, que afectará á Comunidade Autónoma de Galicia a partir de mañá luns. Segundo as informacións recibidas da Axencia Estatal de Meteoroloxía, prevense refachos de compoñente sudoeste de máis de 100 quilómetros á hora. Así, recoméndase evitar os desprazamentos, retirar obxectos que poidan caer á rúa dende balcóns, fiestras e tellados e afastarse de edificios en ruína ou construción, árbores e paneis publicitarios. Doutra banda, agárdanse precipitacións que poderán a*****ular ata 40 litros por metros cadrado en 12 horas, o que se corresponde cun nivel de alerta amarelo. Este fenómeno meteorolóxico adverso afectará, especialmente, á provincia de Pontevedra desde as primeiras horas de mañá e ata a madrugada do martes.

A Dirección Xeral de Protección Civil, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, preavisou este fenómeno o venres e reiterouno hoxe. En concreto, o pasado venres remitíronse 569 faxes e 385 mensaxes de móbil, e hoxe domingo 572 faxes e 385 sms. En total, enviáronse dende o pasado día 6 ata hoxe un total de 1.141 faxes e 770 sms informativos, a todos os concellos e parques de bombeiros da Comunidade Autónoma, así como aos organismos das administracións estatais, autonómicas e provinciais e ás empresas que pola súa actividade se poidan ver afectadas (como por exemplo as de construcción ou guindastre, operadores eléctricos e de telefonía, e servizos de primeira intervención). Deste xeito, agárdase que se adopten as precaucións oportunas para a protección dos bens e das persoas. Goberno galego está facendo un seguimento deste fenómeno que podería producirse mañá, e está previsto que ás 19,30 horas desta tarde se tome unha decisión sobre a posible suspensión das clases en función dos datos ofrecidos tanto pola Axencia Española de Meteoroloxía (AEMET) como de Meteogalicia. Ademais das medidas preventivas adoptadas, a Dirección Xeral de Protección Civil recomenda aos condutores que, no caso de teren que realizar algún desprazamento, se informen previamente do estado das estradas e que, en calquera caso, axeiten a velocidade ás condicións da vía, xa que se poden producir desprendementos de terra e pedras. Por último, suxírese consultar a páxina web do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e enlaces de interese. Actuación da Consellería de Educación
Ante a sucesión de fenómenos adversos acontecidos nas últimas semanas na Comunidade galega, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria enviou o pasado venres, 6 de febreiro, unha nota informativa a todos os centros de ensino non universitario na que se lles recomendaba, con carácter xeral, estaren atentos aos canais informativos entre a Administración educativa e os propios centros sobre todo na xornada do domingo, dada a imposibilidade de coñecer con exactitude as previsións meteorolóxicas con dous días de antelación. Ademais, solicitábaselles que trasladasen esta recomendación a toda a comunidade educativa.
Link: XONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=12