TEGA: Narón e Cedeira
Fecha Viernes, 24 septiembre a las 13:22:05
Tema PHP-Nuke


Terra Galega rexistrará dúas baixas máis en cuestión de horas. A alcaldesa de Valdoviño, Isabel Álvarez, e o edil Gonzalo Doce abandonan a formación coa que iniciaron a súa incursión na vida política. Ambos prevían onte facer pública a súa decisión ao longo da presente xornada, ao acordarse a súa marcha nunha reunión celebrada esta mesma semana nun establecemento naronés e á que acudiron "desencantados" con TEGA procedentes de fóra da comarca, tal e como puido confirmar este diario. Álvarez e Doce súmanse así á postura do tamén edil de Terra Galega en Valdoviño Antonio Montero, que anunciou publicamente o pasado mes de agosto que abandonaba a formación. Días antes había oficializado a súa marcha Xoán Gato, ex coordinador xeneral do partido.

Fieis ao partido continúan actualmente tan só dous dos cinco concellos nos que ten representación, Narón e Cedeira, onde Xermán Tobío podería presentarse novamente pola formación.


O pasado 30 de xullo, este diario adiantaba o anuncio da baixa oficial de Gato de Terra Galega. As reaccións non se fixeron esperar, e un día máis tarde, o alcalde de Neda, Ignacio Cabezón, aseguraba que "se ou meu xefe se vai, eu tamén, porque a miña vinculación co partido era o". Máis cauta nas súas declaracións era a rexedora de Valdoviño, que apuntaba que "son leal ás miñas ideas e non me moven tan facilmente". A súa posible marcha deixábase entrever na súa postura xa que, a diferenza do alcalde naronés, Xosé Manuel Branco, que anunciou a súa continuidade en TEGA antes do verán, tanto Álvarez como Cabezón mantiñan desavinzas con algunhas persoas que actualmente ostentan cargos relevantes na formación.
O rexedor local de Neda decantouse polo Partido Popular. O presidente provincial do partido, Carlos Negreira, oficializó a finais de agosto a fichaxe de Cabezón, anunciado por este diario un mes antes. No aire está o que decidirán os outros cinco concelleiros que Terra Galega ten en Neda, que aínda non han oficializado a súa postura e que poderían adherirse a algunha das formacións independentes que proxectan o seu desembarco na comarca, como Converxencia Galega, ou ata ao Partido Popular, como no seu día fixo Cabezón.
Presentado xa o candidato do Partido Popular en Valdoviño, os tres edís de TEGA no concello poderían tamén aliarse con independentes, opción que actualmente cobra máis peso á vista das últimas negociacións con Converxencia Galega, aínda que os conservadores xa contactaron con algún deles. O edil de Terra Galega na Capela, Fernando Vilar, tamén podería decantarse por unha formación independente.
Fieis ao partido continúan actualmente tan só dous dos cinco concellos nos que ten representación, Narón e Cedeira, onde Xermán Tobío podería presentarse novamente pola formación.
Neda, Valdoviño e A Capela desmárcanse do grupo. Á espreita está Coalición Galega que, coa mirada posta nas próximas eleccións municipais e en afianzar a súa presenza na comarca, non deixará pasar a oportunidade de rescatar, polo menos, a algún dos desencantados con Terra Galega

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1197