Tunel submarino
Fecha Miércoles, 22 septiembre a las 19:59:52
Tema PHP-Nuke


Os grupos municipais de Terra Galega presentarán nesta semana unha moción para pedir a entrada do AVE en Ferrol a través dun tunel submarino. Polo desenvolvemento da nosa terra e pola sostenibilidade do noso territorio.

O Ministerio de Fomento está a realizar desde o ano 2000 estudos informativos sobre o trazado da liña do tren de alta velocidade entre as localidades de Ferrol e A Coruña.
O últimos destes estudos traza un percorrido de 72 quilómetros, pois os trens entrarían ou sairían da Coruña polo sur. Este trazado, obviamente demasiado longo, precisa da expropiación de 9 millóns de metros cuadrados en 13 concellos, cun custe estimado de 780 millóns de euros.
O máis probable, é que si non se atopan alternativas máis económicas, a liña do AVE Ferrol-A Coruña non se construirá nunca.É posible, sen embargo, a realización de novos estudos para trazados alternativos. Baixo os fiordos de Noruega existen xa uns 25 túneles construídos.
O seu custe estimado, nese país, é de 30 millóns de euros por quilómetro.Un túnel baixo as rías de Ferrol e Ares tería unha lonxitude aproximada de 25 quilómetros.
Posiblemente, a obra sería máis cara que eses 72 quilómetros agora en estudo, mais a cambio sería posible facer o traxecto Ferrol-A Coruña e viceversa en 15 minutos e integraría á comarca nos eixos ferroviarios atlántico (Ferrol-A Coruña-Lisboa), transcantábrico (Ferrol-A Coruña-Bilbao) e da meseta (Ferrol-A Coruña-Madrid) e faría posible unha explotación comercial competitiva da liña.

Link: TEGAONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1194