A casa de don Avelino
Fecha Viernes, 17 septiembre a las 11:26:40
Tema PHP-Nuke


O goberno municipal de Cedeira segue traballando na declaración de Ben de Interese Cultural da denominada "Casa de Avelino", unha propiedade adquirida polo Concello e que o equipo de José Luís Vergara trata agora de converter en museo municipal. Á espera de alcanzar devandito obxectivo, o goberno de José Luís Vergara trata de ir pondo en valor unha construción do século XIX, aínda edificada sobre un antigo palecete do século XV, dándolle "un lavado de face", segundo apuntou o rexedor municipal. Este consistirá no pintado exterior da construción e a cor elixida parece ser o branco. Esta actuación completarase cun tratamento de desparasitación para mellorar as condicións interiores dun edificio que, aínda que consta de soto, baixo e dúas plantas, permanece pechado a maior parte do ano.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1188