Gato quere governar Ferrol
Fecha Viernes, 17 septiembre a las 10:25:01
Tema PHP-Nuke


O Concello de Ferrol sempre se moveu como unha montaña rusa: pactos, rupturas, mocións de censura... Pero agora converterase nun auténtico parque de atraccións grazas á irrupción de Xoán Gato no rodo político. O actual presidente da Cámara de Comercio presentará a súa candidatura á Alcaldía de Ferrol. Con ese obxectivo, crea un novo partido: Converxencia Galega-Novo Impulso para Galicia. Gato elixe así o lema da candidatura coa que xa arrasou na Cámara, Novo Impulso como o seu trevo de catro follas.

Terra Galega navega agora á deriva, coa marcha dos seus pesos pesados: Gato desvinculouse totalmente fai quince días e o alcalde de Neda acábase de pasar ao PP. Dentro de Ferrolterra, Converxencia Galega tamén presentará listas en Valdoviño, Cedeira, Ortigueira e Neda. Nas municipais de 2007, Gato xa obtivera cinco alcaldías e 69 edís en toda Galicia con Tega.


Animal político polos catro costados, o ex-alcalde de Narón planea arrebatarlle o mando a Irisarri ou polo menos aparecer con forza na corporación naval. Pero o seu Converxencia Galega tamén aspirará ao mando noutros 17 municipios galegos. En Narón presentarase Antonio Montero como alcaldable: ata agora primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Gobernación en Valdoviño. Montero xa anunciara en agosto a súa intención de abandonar Terra Galega (Tega), formación creada por Xoán Gato nas pasadas municipais.

Terra Galega navega agora á deriva, coa marcha dos seus pesos pesados: Gato desvinculouse totalmente fai quince días e o alcalde de Neda acábase de pasar ao PP. Dentro de Ferrolterra, Converxencia Galega tamén presentará listas en Valdoviño, Cedeira, Ortigueira e Neda. Nas municipais de 2007, Gato xa obtivera cinco alcaldías e 69 edís en toda Galicia con Tega.

Converxencia Galega-Novo Impulso para Galicia concorrerá ademais con candidatos en catro municipios da Costa da Morte, outros catro do sur de Galicia e cinco de Lugo. Cando se presentou ás eleccións da Cámara, Gato admitía a este xornal que "aínda teño fame de política, eu convertín un concello rural na oitava cidade galega".

Nas últimas semanas, as súas aspiracións á Alcaldía de Ferrol resoaban polas esquinas. Pero agora xa hai partido, xogadores e toda unha Champions League polo bastón de mando. Ao campo de Ferrol salta un Gato que nunca se deixou pór cascabeis políticos.

Link: ECGONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1186