Concello de Cedeira - ANUNCIO BOP
Fecha Viernes, 17 septiembre a las 00:58:53
Tema PHP-Nuke


ANUNCIO

BASES ESPECÍFICAS PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO PARA REALIZAR CONTRATACIÓNS LABORAIS TEMPORAIS OU NOMEAMENTOS INTERINOS COMO MONITORES DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS

A Xunta de Goberno Local , na súa sesión ordinaria realizada en data 14.09.2010, acordou aprobar a seguinte convocatoria e bases:

BASES ESPECÍFICAS PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO PARA REALIZAR CONTRATACIÓNS LABORAIS TEMPORAIS OU NOMEAMENTOS INTERINOS COMO MONITORES DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS.



1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA. O obxecto da convocatoria é a formación dunha bolsa de traballo para realizar contratacións laborais temporais ou nomeamentos interinos nos postos de traballo de monitores de actividades deportivas do Concello.

Actividades deportivas a realizar durante o curso escolar: natación para bebés, natación para embarazadas, aquagym, aquaerobic, saúde na auga, pilates, aerobic, patinaxe, estiramentos, ioga, bailes de salón.

3.- DURACION DOS CONTRATOS .- Segundo se estableza en cada contrato de conformidade coas necesidades do concello ou de conformidade coa regulación das subvencions que o poidan financiar.

4.- SISTEMA DE PROVISIÓN.- Concurso-Oposición.

5.- XORNADA LABORAL.- 37 horas e 30 minutos semanais de luns a domingo cos descansos establecidos por lei de ser o contrato a xornada completa, ou a parte proporcional que se estableza en cada caso.

6.- RETRIBUCIÓNS.- As correspondentes segundo convenio "Outros oficiales de 1.ª, operarios, Aux. Administrativos e categorías que para o acceso se precise Graduado Escolar, FP1 ou equivalente".

7.- REQUISITOS DOS ASPIRANTES.- Os aspirantes para participar nas probas, deberán reuni-los seguintes requisitos, referidos á data na que remate o prazo de presentación de solicitudes:

a) Ser de nacionalidade española, nacional dun Estado membro da Unión Europea, conxugue dun español ou dun nacional dun Estado membro da Unión Europea non separado de dereito, ou extranxeiro con residencial legal en España.

b) Ter cumpridos 16 anos de idade.

c) Atoparse en posesión do Título de Técnico Deportivo ou equivalente. Considerarase equivalente, ademais de aqueles outros títulos recoñecidos pola normativa vixente, e sin que de dereito a súa posesión á percepción de maiores retribucións, os de Título de Técnico Deportivo Superior, Maxisterio epecialidade en educación física, e Licenciados en Educación Física e en Ciencias da Actividade Física e do Deporte.

d) Non ter enfermidade ou eiva física ou psíquica que impida ou sexa incompatible co normal desempeño das funcións ou tarefas correspondentes á praza á que se opta. As persoas con algunha discapacidade deberán facelo constar na súa solicitude, sinalando se precisan de adaptación das probas.

A condición de minusválido e a súa compatibilidade acreditaranse con certificación da Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais.

e) Non estar incurso en causa de incapacidade ou incompatibilidade que determine a lexislación vixente.

f) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servicio á Administración do Estado, Comunidade Autónoma ou ás Entidades Locais, nin atoparse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

Os nacionais dos demais Estados membros da Unión Europea ou dos daquelas que teñan subscritos Tratados referentes á libre circulación coa Unión Europea ratificados por España, deberán acreditar de modo fidedigno non estar sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impidan no seu Estado o acceso á función pública.

Os anteriores requisitos, así como os específicos que se esixan, se é o caso, para cada unha das prazas, deberanse reunir con referencia ó último día do prazo de presentación de solicitudes, e gozar deles ata a toma de posesión, e será nulo o nomeamento dos aspirantes que estean incursos en causas de incapacidade segundo a normativa vixente.

Tódolos requisitos anteriores deberán terse no momento de remata-lo prazo de admisión de solicitudes e conservarse polo menos ata a data de formalización do contrato.

8.- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.- Presentaranse no Rexistro Xeral de Entrada de Documentos do Concello durante o prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte da publicación de anuncio da convocatoria no BOP e no taboleiro de anuncios, e na páxina web do Concello de Cedeira.

As solicitudes presentaranse en modelo de instancia que se facilitará nas oficinas municipais e irán acompañadas de fotocopia do D.N.I., de fotocopia do carné de conducir, de fotocopia de título esixido para o acceso e de copia compulsada dos méritos que se aleguen.

9.- COMISIÓN SELECCIONADORA.- A Comisión seleccionadora estará composta por un presidente, un secretario e tres vocais nomeados por Resolución de Alcaldía de conformidade con artigo 60 da Lei 7/2007, do Estatuto Básico do Empregado Público.

10.- CRITERIOS DE SELECCIÓN.

A) FASE DE CONCURSO:

a) Experiencia profesional en traballos realizados de monitor de actividades deportivas nos seguintes deportes natación para bebés, natación para embarazadas, aquagym, aquaerobic, saúde na auga, pilates, aerobic, patinaxe, estiramentos, ioga, bailes de salón, no sector privado: 0,10 puntos por mes, cun máximo por este concepto de 1 puntos.

b) Experiencia profesional en postos de traballo de monitor de actividades deportivas nos seguintes deportes deportes natación para bebés, natación para embarazadas, aquagym, aquaerobic, saúde na auga, pilates, aerobic, patinaxe, estiramentos, ioga, bailes de salón en administracións públicas: 0,20 puntos por mes, cun máximo por este concepto de 2 puntos.

Cando o contrato sexa a media xornada ou superior contabilizarase como si fose xornada completa. Si o contrato fose inferior a media xornada non se valorará.

c) Cursos de especialización como monitor de actividades deportivas específicas impartidos por federaciones deportivas o outros organismos oficiais nos seguintes deportes: natación para bebés, natación para embarazadas, aquagym, aquaerobic, saúde na auga, pilates, aerobic, patinaxe, estiramentos, ioga, bailes de salón 0,05 puntos por hora ata un máximo de 5 puntos.

Os méritos alegados acreditaránse mediante documentos orixinais ou copias auténticadas. Debe aportarse certificado de vida laboral acompañada de copias auténticas dos contratos de traballos que inclúan a descripción do traballo realizado

B) FASE DE OPOSICIÓN:

Consistirá na realización dun examen por escrito dun máximo de 10 preguntas a determinar por parte da Comisión Seleccionadora relacionadas co traballo a realizar e a aptitude do traballador, que pode a petición da comisión seleccionadora ter que ser leído por parte dos candidatos

A puntuación máxima da fase oposición será de 20 puntos. Para superar o exame será necesario obter un mínimo de 10 puntos no exercicio. Os que non o obteñan non serán incluídos na bolsa de traballo.

En caso de empate entre dous ou mais aspirantes, tera preferencia quen obteña maior puntuación na fase de oposición. En caso de que persista o empate, realizarase sorteo.

11.- Formación de Bolsa de Traballo.

Cos aspirantes aprobados formarase unha bolsa de traballo segundo o orde de puntuación obtida para nomeamentos interinos ou contratacións laborais temporais en postos de traballo de contido equivalente de acordo coas seguintes normas :

11-1.-Os chamamentos aos aspirantes.

Os chamamentos faranse polo medio máis urxente que permita ter a constancia da súa recepción.

Nos supostos nos que a necesidade de cobertura dun posto non fose previsible coa antelación suficiente ou polas circunstancias concorrentes no proceso de chamamentos debidamente acreditadas, fose necesario a súa cobertura de xeito urxente para evitar graves prexuízos no funcionamento e/ou prestación do servizo público, o chamamento poderá realizarse telefonicamente. Neste suposto, a/o funcionaria/o que as realice fará constar mediante dilixencia a súa realización, e se tiveron ou non resposta.

Antes da sinatura do contrato o Concello poderá acordar que o traballador se someta a un recoñecemento médico-psicolóxico que evalue a sua adecuación ao posto a desempeñar. No caso de que o traballador resulte non apto non perderá o seu lugar na bolsa de traballo e volverá a ser chamado cando se oferte un posto de distintas características do que foi considerado non apto.

11.2.-Suspensión dos chamamentos.

1. De oficio.

A aceptación dun chamamento suporá a suspensión dos chamamentos ata que cese o primeiro nomeamento.

2. Por solicitude do/a interesado/a.

Os integrantes da bolsa de traballo que non se atopen prestando servizos poderán solicitar a suspensión das citacións mediante solicitude para o efecto formulada.

A dita solicitude, que será irrenunciable, terá efectos suspensivos nas citacións. Os seus efectos produciranse desde o décimo día natural seguinte contado desde a presentación da solicitude de suspensión no rexistro do órgano competente. O tempo de duración desta, a elección da/o interesada/o, será de dous, seis ou doce meses computados desde a data de efectos da suspensión.

11.3.- Mellora

No caso de que algún integrante da bolsa de traballo estivera contratado ou nomeado como funcionario e fora a realizarse un novo chamamento que obxectivamente poda considerarse como de mais longa duración ou de maior xornada poderá solicitar ser contratado ou nomeado con preferencia aos seguintes na lista. O órgano competente o acordará sempre que non supoña menoscabo para o servizo.

11.4.-Situación na Bolsa de Traballo.

1. Os integrantes da bolsa de traballo non perderán a orde de prelación que en cada momento lles corresponda, de tal maneira que se o nomeamento para a que son chamados finaliza, retornarán ao posto que novamente lles corresponda na lista.

2. Os integrantes da Bolsa de Traballo que, sendo convocados para facer efectiva a contratación ou nomeamento segundo o disposto na base novena, non se presentaran ou renunciaran a esta, perderán os seus dereitos quedando excluídos da lista por un ano, debendo solicitar de novo a súa inscrición unha vez transcorrido o dito prazo.

A mesma consecuencia terá a renuncia á continuidade no desempeño dun posto de traballo.

11.5.- Nomeamentos e Cesamentos.

Poderán conferirse nomeamentos interinos ou contratacións laborais temporais para o desempeño de postos de traballo que encóntrense vacantes ou non vacantes. Neste último caso será causa suficiente a situación de ILT ou vacacións do seu titular.

Previo ao nomeamento deberá solicitarse informe de existencia de crédito á Intervención Municipal.

Unha vez comparecera o aspirante chamado segundo o orde da Bolsa de Traballo, o Sr. Alcalde por Resolución procederá ao seu nomeamento para o desempeño do posto de traballo correspondente.

O cese produciráse por Resolución da Alcaldía cando aconteza a causa de extinción do contrato de traballo ou cando se produzan algún dos supostos previsto no artigo 10.3 da Lei 7/2007 do Estatuto Básico do Empregado Público.

11.6- Extinción da Bolsa de Traballo.

A bolsa de traballo formada como consecuencia do proceso selectivo que regulan estas bases extinguirase unha vez transcorridos dous anos a contar desde a data da publicación no BOP da Resolución da Alcaldía que a aprobe, ou cando se produza un novo proceso selectivo, temporal ou definitivo. Sin prexuízo de que poda prorrogarse mentres se realiza unha nova selección.

12.- PUBLICIDADE.- A publicidade de tódolos actos relativos a este procedemento farase mediante Edictos que se expoñerán no taboleiro de edictos e na páxina web do Concello.

13.- RÉXIME XURÍDICO APLICABLE.- En todo o non previsto expresamente nas presentes bases, serán de aplicación as Bases Xerais para a contratación de persoal laboral temporal do Concello de Cedeira, aprobadas na sesión plenaria do día 17 de abril de 1997, e publicadas no Boletín Oficial da Provincia número 110, de 15 de maio de 1997, o Real Decreto Lexislativo 1/1995, de 24 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, Lei 7/2007, do Estatuto Básico do Empregado Público, o Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aprobou o Regulamento Xeral de ingreso do persoal ó servicio da Administración Xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración do Estado, e o Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e programas mínimos do procedemento de selección dos funcionarios de Administración Local, a Lei 30/1992, de 26 de xuño, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

D.A. Unica.-

Debido á urxencia na cobertura dos postos de traballo antes do inicio do curso escolar, no caso de que resultara deserta a selección por falta de aspirantes ou por resultar insuficiente o número de persoas incluídas na bolsa de traballo procederase a realizar unha nova convocatoria de xeito inmediato que se anunciará no taboleiro de edictos do concello por prazo de 6 dias sen requisito de titulación. Ó acceder a posto de traballo sen o requisito de titulación o nomeamento correspondera a monitores sen titulación ( grupo E). A selección realizarase de conformidade cos criterios expresados na Base 10.

Cedeira, 15 de setembro de 2010.

O Alcalde,

José Luis Vergara Rey


Link: BOPONLIne







Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1184