Concello de Cedeira - Anuncio DOG
Fecha Jueves, 16 septiembre a las 13:14:10
Tema PHP-Nuke


Anuncio de aprobación definitiva do estudo de detalle en Camiño Real da Madalena.

O Pleno da corporación, na sesión ordinaria realizada con data do 27 de xullo de 2010, adoptou o seguinte acordo:



-Aprobar definitivamente o estudo de detalle en Camiño Real da Madalena nº 19, presentado por Pablo Diego Moreda Gil, en representación de Albergues Rías Altas, S.L. para sinalamento de aliñacións e rasantes e ordenar volumes de acordo coas especificacións do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Cedeira así como para proporcionar un tratamento urbanístico homoxéneo ao conxunto da fachada marítima de acordo co Real decreto 1471/1989, redactado por Ignacio Pedrosa Pérez, visado polo COAG con data do 1 de outubro de 2009. Así mesmo, que se dilixencien como copias auténticas as presentadas con visado do COAG do 1 de novembro de 2009.


O acto de aprobación definitiva do citado estudo de detalle foi comunicado á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas con data do 4 de agosto de 2010, en cumprimento do disposto polo artigo 92.3º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e proteción do medio rural de Galicia, e déuselle traslado, así mesmo, de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con todos os planos e os documentos que o integran debidamente dilixenciados polo secretario do concello.


Contra este acordo plenario, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse de xeito previo e potestativamente recurso de reposición, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Pleno do Concello de Cedeira, de conformidade cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 8, 9 e 10 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei da xurisdición contencioso-administrativa.


Cedeira, 5 de agosto de 2010.

José Luis Vergara Rey
Alcalde

Link: DOGONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1182