Concello de Cedeira - Anuncio DOG
Fecha Jueves, 16 septiembre a las 13:09:17
Tema PHP-Nuke


Anuncio de aprobación definitiva do estudo de detalle na confluencia das rúas Neda e As Pontes. Parque do Floreal.

O Pleno da corporación, na sesión ordinaria realizada con data do 27 de xullo de 2010, adoptou o seguinte acordo:



-Aprobar definitivamente o estudo de detalle presentado por Pablo Diego Moreda Gil, en representación de Proxectos Inmobiliarios Rías Galegas, S.L., para reaxustar unha aliñación definida no Plan Xeral de Ordenación Urbana para a rúa sita na confluencia da avenida de Suevos e a rúa Neda, redactado por Beatriz López Marcos, visado polo COAG con data do 11 de decembro de 2009.


O acto de aprobación definitiva do citado estudo de detalle foi comunicado á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas con data do 4 de agosto de 2010, en cumprimento do disposto polo artigo 92.3º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e proteción do medio rural de Galicia, e déuselle traslado, así mesmo, de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con todos os planos e os documentos que o integran debidamente dilixenciados polo secretario do concello.


Contra este acordo plenario, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse de xeito previo e potestativamente recurso de reposición, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Pleno do Concello de Cedeira, de conformidade cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 8, 9 e 10 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei da xurisdición contencioso-administrativa.


Cedeira, 5 de agosto de 2010.

José Luis Vergara Rey
Alcalde

Link: DOGONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1181