Punta Candieira - ciclos formativos de FP
Fecha Domingo, 12 septiembre a las 09:35:27
Tema PHP-Nuke


O IES Punta Candieira de Cedeira xa ten aberto o prazo de matriculación para toda a súa oferta educativa. No caso dos Programas de Cualificación Profesional Inicial (PCPI), o prazo de preinscrición para as modalidades A e C xa terminou. Na primeira, de Instalacións Electrónicas e de Comunicacións, os alumnos acoden ao centro os cinco días das semana e é a partir de maio cando comezan a facer prácticas nunha empresa.

No segundo caso, os estudantes asisten a clases dous días e o resto da formación recíbena nalgunha firma. Neste tipo de formación os alumnos poden escoller entre ao redor de quince titulacións.


Ademais da modalidade A, outra das novidades que ofrece o centro para o curso escolar que agora comeza é que haberá dous bacharelatos de adultos -Ciencias e Humanidades- aínda que ambos na modalidade de semipresencial. Neste caso, o prazo de matriculación concluirá o próximo 15 de setembro.

Ciclos formativos

O prazo de preinscrición para os ciclos formativos de FP conclúe o 13 de setembro e será o día 21 cando se publique a lista de admitidos. Neste caso tamén hai novidades respecto ao ano anterior, pois mentres o curso pasado só había quenda diúrna, a partir de agora haberá tamén quenda de adultos.

Os alumnos que queiran matricularse nos cursos de adaptación ás linguas estranxeiras inglés ou francés poderán facelo ata o próximo 30 de setembro.

En canto á Escola Oficial de Idiomas, o prazo de preinscrición conclúe o 15 de setembro, «debendo formalizar a matrícula antes do día 22 de setembro», apuntan desde o centro. Este ano, o equipo directivo do centro estará formado polos profesores Teresa Somoza Rodríguez, Monserrat Durán Gómez, Monserrat Montero Ortega, Fernando López González e Carlos Breixo Rodríguez.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1174