Portos aínda non aprobou o proxecto definitivo
Fecha Domingo, 12 septiembre a las 08:56:20
Tema PHP-Nuke


Portos de Galicia, pertencente á Consellería do Mar, aínda non aprobou o proxecto definitivo do que será a dársena deportiva de Cedeira cinco meses despois de que o ente dese o visto e prace ao segundo proxecto básico da actuación, o modificado respecto ao inicial.

Este último documento presentouno a finais do pasado ano a empresa adxudicataria dos traballos, a unión temporal de empresas integrada por Comercial Internacional e Bardera Obras Civís e Marítimas despois de que Portos solicitase en varias ocasións o texto modificado.


Fuentes do organismo da Consellería do Mar aseguraban a principios de abril que se deu o visto e prace ao segundo proxecto básico posto que recollía os cambios que se reclamaron respecto ao deseño inicial. E xa nese momento Portos iniciara a tramitación ambiental da concesión administrativa para a construción e explotación do porto deportivo do peirao de Cedeira. Deste xeito, e se finalmente a Consellería do Mar aproba o proxecto definitivo, o trámite estaría xa avanzado.

Con todo, a situación segue igual que hai cinco meses, cando o proxecto definitivo non estaba aprobado, unha realidade que demostra, en palabras do alcalde de Cedeira, José Luis Vergara, «a ineficacia do presidente de Portos, incapaz de levar a cabo o proxecto».

O porto deportivo de Cedeira é, segundo o rexedor, unha actuación «fundamental» para a vila, pois o turismo «é a terceira pata, xunto á pesca e a madeira». Asegura que o municipio «xa é un porto de paso aínda non tendo a infraestrutura, pois é habitual ver a preto dunha ducia de embarcacións que pasan por aquí desde ou cara ao norte de Europa, e iso que non lles ofrecemos ningún servizo». Por iso, conclúe que a dársena deportiva «fainos moita falta». O proxecto incluirá 278 puntos de atracada para barcos de entre 6 e 16 metros de eslora, 133 menos do previsto inicialmente.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1172