O Concello intenta canalizar a polémica polo Lugnasad
Fecha Miércoles, 08 septiembre a las 09:12:33
Tema PHP-Nuke


O éxito da segunda edición da festa celta de Cedeira, o Lugnasad (entre o 26 e o 28 de agosto), quedou empañado polas acusacións vertidas polo vicepresidente da Asociación Festa Celta do Lugnasad, Miguel López, sobre o presidente da entidade, Manuel Aneiros. O primeiro fixo público un comunicado no que acusa a Aneiros de non informar á xunta directiva sobre os ingresos e gastos da celebración. Tamén afirma que favoreceu economicamente a determinadas persoas para que sacasen un beneficio da feira.
Aneiros responde que esas afirmacións son falsas e que hai unha clara confusión en relación coa organización do Lugnasad. Explica que este ano, como en 2008, foi el persoalmente quen se encargou da xestión, recibindo para iso 3.000 euros do Concello de Cedeira, en febreiro. A asociación, segundo o seu relato, non se creou ata marzo e quedou constituída en xuño, polo que non estaba en prazo para pedir subvencións, que a entidade tramitaría xa para 2011. "Eu fun contratado polo Concello", afirma, "a xestión era particular".

Respecto da venda de produtos na feira, Manuel Aneiros asegura que era libre e aberta para todos os veciños de Cedeira.

O Concello, a través do seu alcalde, José Luís Vergara, intentou mediar para limar asperezas e que non se faga un dano irreversible a unha celebración que encheu establecementos e hoteis. "A festa foi un éxito e isto faille un dano brutal ó Lugnasad e ós comerciantes", di o alcalde. "Nunha asociación de carácter privado non podemos intervir. En tódalas sociedades hai xente que traballa de maneira altruísta e outros que cobran. As relacións entre uns e outros teñen que ser de total transparencia". Vergara asegurou que o ano que vén volverá haber presuposto para o Lugnasad, pero que, como socialista, preferiría cambiar a fórmula e dar o diñeiro a través dunha subvención á asociación.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1167