PP e PSOE botan abaixo a trasferencia de Tráfico
Fecha Martes, 07 septiembre a las 21:46:24
Tema PHP-Nuke


Tal e como anunciaron no Pleno do Congreso dos Deputados de Madrid, os votos do PP e do PSOE deixaron en nada o acordo unánime de PPdeG, PSdeG e BNG no Parlamento galego e non admitiron a trámite a transferencia da competencia de Tráfico ao Goberno autonómico. A iniciativa si contará co apoio das forzas nacionalistas e de esquerda.

O resultado da votación foi de 25 votos a favor, 165 en contra e 146 abstencións. Como non podía ser doutro xeito, o BNG exerceu a congruencia e votou a favor, a proposición tamén recibiu o apoio de ERC e IU-IC, PNV, CIU, CC, Nafarroa Bai, os votos en contra do PSOE e as abstencións do PP. A proposta galega foi defendida polos deputados galego Pedro Puy, polo PPdeG, Xaquín Fernández Leiceaga, PSdeG, e Anxo Quintana, BNG.

Os dous primeiros non puideron agochar a súa incomodidade cos seus respectivos partidos a nivel estatal, mentres que o nacionalista afirmou que "en realidade o que queren evitar é que Galiza estea ao nivel de Euskadi e Cataluña, pero non o conseguirán e volveremos".

Link: XORONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1165