Terra Galega: "Os e as galegas temos outra alternativa"
Fecha Martes, 07 septiembre a las 09:26:30
Tema PHP-Nuke


"
Continuamos traballando e limpando o partido: nos somos diferentes

Os e as galegas temos outra alternativa

En Terra Galega creemos que cada un debe defender as súas posicións dando mostras de respectar ao electorado.
Non dicir a verdade, como está a facer estes días Ignacio Cabezón, demostra que só hai intereses persoais no seu exercicio de transfuguismo.

A insistencia machacona de Cabezón en que a Dirección Nacional de Terra Galega carece de "representación democrática" obedece á consigna hitleriana de repetir tantas veces unha mentira que faga parecer que é verdade. A dirección do partido elixiuse nun congreso nacional e a xustiza española (á que recorreron os que perderon o congreso) avalou esa elección. É pavero, iso si, que don Ignacio se preocupe tanto da representatividade democrática o mesmo día que admite que, tras presentarse ás eleccións por un grupo político, pasa a defender as teses de outro sen considerar sequera a hixiénica medida de dimitir antes.


É falso tamén que Cabezón se teña "posto en pe", como di tan teatreiramente, en reunión ningunha da dirección de Terra Galega. Consta nas actas ¬-e poden consultarse- das reunións da Dirección Nacional de Terra Galega que nunca votou en contra de ningunha proposta das secretarías executivas e que votou a favor de todas as propostas da Secretaría Xeral.

Evidentemente, a agrupación local de Terra Galega de Neda vai continuar traballando e se presentará de novo ás eleccións municipais cun equipo de homes e mulleres decididos a traballar polo futuro da vila sen deixar espazo ás ambicións persoais. Terra Galega é un proxecto colectivo que funciona democraticamente, ningún militante pode impoñer as súas ideas se non concita o apoio da maioría dos homes e mulleres que formamos parte da organización. Para sermos rabaño teríamos militado en outro partido.

O futuro para Neda está na defensa dos intereses dos seus veciños e veciñas. A "negociación" PP-Cabezón foi persoal; os concelleiros e concelleiras de TeGa non foron informados dos seus movementos e seguirán defendendo o programa polo que foron elixidos. As lealdades de Cabezón, como se sabe, pouco lle duran; non hai máis que facer un fácil seguimento da súa vida pública.

Creemos que Ignacio Cabezón debe facer públicos os seus acordos co PP, para clarificar se quen se vai beneficiar deles vai ser Neda ou vai ser el.
Finalmente, Terra Galega xa comunicou ao militante Ignacio Cabezón a súa expulsión do partido por incumprimento grave dos seus estatutos e a prohibición inmediata de utilizar o nome de Terra Galega.

Xermán Tobío

"
Link: TEGAONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1163