Cabo de Cruz, gañador da XXII Bandeira de Traiñas
Fecha Domingo, 05 septiembre a las 16:48:38
Tema PHP-Nuke


O Club de Remo Cabo de Cruz foi o gañador da XXII edición da Bandeira de Traiñas “Deputación da Coruña”, celebrada este mediodía na ría de Cedeira, e que contou coa asitencia do presidente da institución provincial, Salvador Fernández Moreda, do alcalde da localidade, José Luis Vergara, e de representantes da Federación Galega de Remo, entidade que se encargou da organización do evento.



(c) 2010 Deputación da Coruña

 

O presidente da Deputación foi o encargado de entregar a Bandeira aos gañadores da proba, que consistiu en 6 largos e cinco ciabogas, e que se celebrou nunha das rías máis pequenas de Galicia, o que premitiu ao numeroso público asistente seguir a totalidade da regata.

Fernández Moreda e José Luis Vergara foron tamén os responsables de entregar os premios en metálico ás restantes traiñas participantes na proba, que chegaron á meta coa seguinte clasificación:

1.          Club de Remo Cabo de Cruz ............. 3.400 euros
2.          Club de Regatas Perillo................. 2.200 euros
3.          Club de Remo de Ares.....................1.900 euros
4.          Asociación Deportiva Esteirana...........1.600 euros
5.          Club de Remo da Pobra....................1.300 euros
6.          Club de Remo A Cabana.................. 1.050 euros
7.          Club de Remo de Rianxo................... 850 euros
8.          Sociedade Deportiva As Xubias........... 750 euros



Link: DEUCORONLine





Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1160