Álvaro Rodríguez Bereijo, ex presidente do Tribunal Constitucional
Fecha Sábado, 04 septiembre a las 13:16:08
Tema PHP-Nuke


Rodríguez Bereijo: “O uso preferente das linguas autonómicas é inconstitucional”
Cre que priorizar o galego sobre o castelán sería “contrario á Carta Magna”

O galego Álvaro Rodríguez Bereijo, ex presidente do Tribunal Constitucional (TC), fala sen cancelas. 
Nunha entrevista á revista do Colexio de Avogados da Coruña, o catedrático de Dereito na Universidad Autónoma de Madrid móstrase duro co Estatut de Cataluña, que considera “unha reforma da Constitución pola porta de atrás”, e culpa o presidente Zapatero de “crear o problema catalán” para despois “desprazalo a un alto tribunal cando é un asunto puramente político”. Rodríguez Bereijo, nado en Cedeira hai 72 anos, analiza con detalle o fallo emitido polo TC sobre o Estatut de Cataluña e refírese tamén ás cuestións de idioma. Nese aspecto, o catedrático é claro ao asegurar que “o uso exclusivo ou preferente dunha lingua autonómica sobre a lingua común é contrario ao que establece a Carta Magna”. “En calquera ámbito, incluído o do ensino”, engade o ex presidente do TC, que cre que “a cooficialidade non supón a exclusión da lingua común”.


Rodríguez Bereijo móstrase tamén en contra de incluír o termo nación para definir Cataluña e incluso critica o fallo do TC neste ámbito, xa que considera que empregou “solucións que non son plenamente convincentes”. “Un exemplo é o do preámbulo respecto ao concepto de nación e todos os artigos do título preliminar”, asegura Álvaro Rodríguez Bereijo, que cre que o que intentou o TC foi “resolver con ese equilibrio, sen saír dos intrumentos xudiciais, un problema político que lle foi posto ante el”. Segundo o catedrático de Dereito, a polémica sobre o concepto de nación debería ser “unha responsabilidade do Congreso dos Deputados non momento no que analizaron a proposta de Estatut que lles enviou o Parlament”. Ademais, considera tamén que a posibilidade de que o Goberno conceda a Cataluña a través doutros procedementos o que a setenza do TC nega ao Estatut “podería constituír unha fraude á Constitución e ao seu máximo intérprete, o Tribunal Constitucional, que non é o único pero si o último e o máis alto”. Segundo Bereijo, “o TC pagou un altísimo prezo por un asunto que non debeu someterse ao seu xuízo na forma na que se fixo” e critica con dureza as reaccións políticas: “Algunhas foron desmesuradas, como as dos partidos cataláns”.

Link: XORONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1155