Cabezón: falta de sintonía con Tobío e confianza en Feij&oa
Fecha Viernes, 27 agosto a las 09:57:04
Tema PHP-Nuke


A saída do alcalde de Neda, Ignacio Cabezón, de TEGA para encabezar como independente a lista do PP para as eleccións de 2011 leva a este a explicar que se produce por unha falta de sintonía cos actuais líderes de Terra Galega, por entender que se trata da mellor opción para "o noso proxecto" e por sentirse profundamente representado polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
Estas indicacións forman parte dunha carta pública coa que o actual rexedor municipal de Neda trata de pechar un capítulo da súa vida pública para desembarcar, "como home moderado, dialogante e progresista", tal e como el mesmo recoñécese, nun equipo ao que "síntome moi honrado de pertencer".

Cabezón, no entanto, recoñece que este cambio de rumbo político poida que non chegue a entenderse e argumenta que "o único importante é o progreso de Neda". Por outra banda, confía en "seguir contando co respecto e o agarimo" da inmensa maioría do pobo de Neda e anuncia a súa intención de dirixirse persoalmente a cada un dos veciños para explicar os motivos do seu desembarco no Partido Popular e para "dicirvos que Ignacio Cabezón, a persoa, non cambiou nin cambiará".

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1143