Feria de oportunidades
Fecha Jueves, 26 agosto a las 12:21:33
Tema PHP-Nuke


O municipio de Cedeira celebra este fin de semana a primeira edición da Feria de Oportunidades. A cita inaugurarase o venres ás 16.30 horas, mentres que a clausura está programada para o domingo ás dez da noite.

A cita, á que asistirán comerciantes de Cedeira e doutras localidades galegas, contará con aproximadamente corenta expositores. Os postos acharanse situados baixo unha carpa na praza da Constitución.

Quen asistan ao encontro terán a ocasión de adquirir produtos de moi diversa índole. Así, haberá artigos de moda e calzado, deportivos, ópticos, de decoración ou de panadería, entre outros.



Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1142