Terra Galega sofre unha escisión da que nacerá o partido Converxen
Fecha Jueves, 26 agosto a las 11:02:08
Tema PHP-Nuke


Logo de converterse na cuarta forza política de Galicia, Terra Galega asiches á súa primeira gran escisión. Boa parte da militancia que apostou no seu día polo novo proxecto político, declara estar en total desacordo co rumbo que tomou a organización desde que Xermán Tobío chegou á secretaría xeral.

O problema comezou cando Xoan Gato, que lideraba a formación, deixou a alcaldía de Narón para presentarse ás eleccións autonómicas celebradas no 2009. A dirección do partido e o concello pasaron a mans de Xosé Manuel Branco. Pero este, tal e como indicaron fontes da militancia "non lideraba a organización política", polo que, Xermán Tobío tomo as rendas de Terra Galega.

Con todo, o novo líder non contou co apoio dunha ampla maioría dos afiliados, para os que o novo secretario, "non represéntanos". Tal e como indicou Antonio Montero, "Terra Galega era un bo partido e tinga un bo programa, pero agora non hai proxecto nin hai partido".

Segundo Montero, esta situación de desacordo propiciou que cerca do 70 por cento dos integrantes de Terra Galega, presentasen a súa baixa na formación. Algúns se encamiñaron cara a outros partidos, como o caso do ex alcalde de Narón, Xoan Gato, que fichará polo Partido Popular proximamente. Con todo, a maioría da militancia, pola contra, lanzarase ao ambicioso proxecto de creación dunha nova alternativa para Galicia co nome de Converxencia Galega.

A pretensión dos seus ideólogos é crear unha forza que ocupe no abanico político, o lugar que tiña nas súas orixes Terra Galega. O obxectivo é lograr establecerse como partido político para concorrer ás próximas eleccións municipais que se celebrarán o 22 maio do 2011. Os integrantes afirman estar ilusionados co novo proxecto.

Link: ECGONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1141