EU - IU Nota de prensa
Fecha Miércoles, 25 agosto a las 17:44:43
Tema PHP-Nuke


COMUNICADO DE PRENSA

EU AFIRMA QUE A XUNTA DO PP, NO SEU AFÁN PRIVATIZADOR, ESTÁ A CONCEDER MÁIS CARTOS A EMPRESAS PRIVADAS QUE A ENTES PÚBLICOS PARA DESENVOLVER OS CURSOS DE FORMACIÓN

ESQUERDA UNIDA DENUNCIA QUE A CONSELLERÍA DE BENESTAR ESTÁ A ENTREGAR GRAN CANTIDADE DE  CARTOS AS ENTIDADES DIRIXIDAS POR PERSOAS AFINES AO PP, O QUE SE PODERÍA CONSIDERAR COMO PRESUNTO TRATO DE FAVOR

EU CONSIDERA QUE O GOBERNO DO PP NON ESTÁ A XESTIONAR OS RECURSOS DA XUNTA DE MANEIRA XUSTA E ECUÁNIME, FAVORECENDO AOS ENTES PÚBLICOS ONDE GOBERNA E AS ENTIDADES PRIVADAS CÉRCANAS AO PARTIDO

Resulta inconcibíbel que en pleno século XXI un goberno, que se di demócrata, poida desenvolver a súa política con criterios caciquís, outorgando os recursos económicos de formación “quasi que” a dedo entre os seus amigos e simpatizantes. Esta é a triste realidade con que a Consellería de Benestar está a artellar a súa política de formación.

Os datos non dan lugar a dúbida, a consellería que dirixe Beatriz Mato entregou máis dun millón de euros as empresas Azetanet, Gecreri e Fundefo para que impartiran 24 cursos de formación, curiosamente as tres empresas pertencen ao empresario Coruñés e presidente da Asociación de Veciños do Ensanche, Gerardo Crespo, persoeiro coñecido pola súa afinidade co PP. Actitude esta que podería considerarse como presunto trato de favor.
 
Esquerda Unida afirma que a Xunta do PP, no seu afán privatizador, está a conceder máis cartos a empresas privadas que a entes públicos. Os datos volven a ser esclarecedores, tan só temos que comparar os 24 cursos e 1.067.544 € concedidos as empresas de Gerardo Crespo cos dous cursos concedidos ao Centro de Formación Municipal de Oleiros por un importe de 114.000 € ou que unha cidade da importancia da Coruña non recibira nin un só curso de promoción de emprego, para a grande cantidade de parados que viven nela.

A propia convocatoria da Xunta de Galicia exclúe á Administración Local, nas subvencións outorgadas a certas categorías das accións de formación profesional para desempregados. Feito que para EU e del todo inaceptábel, pois a Xunta amosa que as súas ansias privaizadoras, e dicir de entregar o de todos e todas a uns poucos, van mais alá da xestión e execución, senón que pretende darlle legalidade ao proceso mediante unha lexislación que lles dea impunidade en semellante tarefa.
 
Por outra banda, Esquerda Unida considera que o Goberno do PP non está a xestionar os recursos da Xunta de maneira xusta e ecuánime, pois está a favorecer aos concellos onde goberna, como quedou patente no reparto dos fondos europeos para cursos de formación profesional para desempregados, onde atopáronse diferenzas no importe por parado de ata 30 veces.
 
Gabinete de Prensa
Secretaría de Comunicación
Executiva Nacional de Esquerda Unida



Link: EU-IU gabinete Comunicación






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1140