Congreso do PSdeG: Quen dixo que todo estaba atado?
Fecha Jueves, 12 marzo a las 22:47:50
Tema PHP-Nuke


A mes e medio do congreso extraordinario do PSdeG, os equilibrios internos non están tan definidos como se poidera pensar nun principio. A rápida dimisión de Emilio Pérez Touriño axudou a tranquilizar un aparato conmocionado pola perda da Xunta. Os movementos internos puxéronlle axiña a coroa de loureiro a “Pachi” Vázquez. Mais, aínda que o do Carballiño é, sen dúbida, o mellor situado para ocupar a Secretaría Xeral. O certo é que os movementos para situarse internamente estanse multiplicando nos últimos días.

Un exemplo é o manifesto “Sumando ideas para o socialismo galego”. Arredor de trinta persoas, vinculadas a Xuventudes Socialistas e pilotadas por Xosé Manuel Lage, Loli Rodríguez, Silvia Fraga ou Iván Puentes, foron os promotores iniciais para un “verdadeiro debate de ideas”. Porén, un dos membros deste colectivo, á hora de ser consultado por Vieiros, deixou caer que tamén queren dar batalla á hora de dicir quen ten que dirixir o novo proxecto socialista. “Agora mesmo ista é unha iniciativa aberta a toda militancia. Dependendo do que pase non descartamos nada, nin sequer que se artelle unha candidatura, pero a  intención inicial non é esa”.

Este sector, composto na súa práctica totalidade por militantes de menos de 35 anos, considera que o cambio non pode quedar na dimisión de Pérez Touriño. Mais en común tamén teñen a súa sintonía coa secretaria de Organización, Mar Barcón. O nome da coruñesa chegou a escoitarse como rival de “Pachi” non congreso. Porén fontes consultadas por Vieiros descartan en principio esta posibilidade, xa que os seus apoios están concentrados basicamente na circunscrición coruñesa e máis en especial na área metropolitana.

Modesto Pose fai equilibrios e Moreda bota peito

Pero o debate vai moito máis aló. Mentres en Ourense e Lugo as augas corren mansas, en Pontevedra, o responsábel provincial Modesto Pose intenta contentar unhas agrupacións comarcais que consideran que o partido está a funcionar mal na provincia. De feito, non se descarta que Pose intente crear unha xestora para amortecer as críticas antes do Comité Nacional que se celebrará este sábado.

O que está decidio a dar batalla para liderar os socialistas coruñeses, tal e como adiantabamos (VIEIROS.COM) hai case un ano, é Salvador Fernández Moreda. O presidente da Deputación quere converterse no home forte da circunscrición grazas ao apoio dos alcaldes.

Link: VIONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=114