O BNG baixará un 5% o soldo, Tega mantén o de Tobío
Fecha Martes, 24 agosto a las 08:20:59
Tema PHP-Nuke


Foi a mediados do mes de maio cando a agrupación local do PSOE de Cedeira anunciaba que o alcalde da vila, José Luis Vergara, renunciaba ao soldo que recibe pola súa dedicación exclusiva ao Concello. Nese momento, o grupo aproveitou para propor aos dous socios de goberno -Bloque e Terra Galega- que seguisen os seus mesmos pasos. Para iso, o rexedor convocou á comisión de seguimento do pacto do tripartito para coñecer a opinión do resto de agrupacións locais.

Finalmente, e despois de que tanto Xermán Tobío, secretario xeral e da agrupación local de Terra Galega, e Alfredo del Río, edil do BNG, manifestasen publicamente non estar conformes coa proposta do rexedor, o pleno municipal celebrado a finais de xullo aprobou que o soldo de Del Río reducísese un 5% seguindo os consellos da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). Así o explicaba onte o secretario local do Bloque en Cedeira, Andrés Pernas. «É a medida máis razoable».

Explica que a postura adoptada polo alcalde de Cedeira, a de retirarse o soldo el e os seus edís, non é pola situación económica. «O que fan é cambiar de pagador», posto que o alcalde recupera o seu posto como profesor nun centro educativo.

«Eles falan de crise, pero na práctica non van deixar de recibir nin unha peseta, pois cobrarán dos postos de traballo que van recuperar. Pídenlles os demáis que se mollen neste asunto cando eles non o van facer», conclúe.

Conxelados no 2007

Pola súa banda, Xermán Tobío asegura que xa no 2007 a agrupación acordou conxelar os soldos de todos os seus representantes nos concellos da comarca, unha baixada que «está por encima do que se van a baixar agora os demais». Asegura que respecta a decisión dos seus dous socios de partido aínda que recorda que hai tres anos «cando o PSOE dicía que non había crise económica, nós xa tomamos a decisión de conxelar os salarios». Os problemas económicos, di, «non son de agora». Por iso, e ante os movementos feitos tanto polo PSOE como polo BNG, Terra Galega optou por non actuar.

O alcalde de Cedeira solicitou á agrupación local de Terra Galega que lle presente por escrito a súa postura definitiva ante a súa proposta, «algo que non recibimos aínda», asegura o rexedor. Por iso, «desde o PSOE local cremos que aínda podemos convencerlle para que siga os nosos pasos». O rexedor asegura que o seu rexeitamento á dedicación exclusiva manterase, polo menos, ata o final da lexislatura. A partir de aí «haberá que ver como evoluciona a crise económica», confirma Vergara.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1137