O pleno reunirase o día 31
Fecha Martes, 24 agosto a las 08:13:19
Tema PHP-Nuke


O próximo 31 de agosto celebrarase en Cedeira un pleno extraordinario cun único punto, o de solicitar ao Goberno autonómico que realice melloras na AC-566, a sinuosa estrada que une Ferrol coa vila mariñeira.

A convocatoria chega despois de que a pasada semana falecese nun accidente de tráfico ocorrido no viario unha moza de 19 anos de idade, converténdose así na terceira vítima mortal nesta estrada no que vai de ano.


O alcalde, José Luis Vergara, asegura que en caso de non recibir unha resposta positiva por parte da Xunta, o equipo de goberno barallará a posibilidade de convocar mobilizacións. O rexedor confía en que, neste asunto, todos os grupos políticos «camiñaremos na mesma dirección e a proposta será aprobada por unanimidade». Ademais, o primeiro edil cualifica as melloras nesta estrada como «unha auténtica prioridade» para evitar máis mortes.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1136