Detido por ameazar cunha arma
Fecha Lunes, 23 agosto a las 18:44:51
Tema PHP-Nuke


Un veciño de Cedeira, de 32 anos, e que responde ás iniciais A.M.C.P, foi arrestado a pasada madrugada tras ameazar cunha pistola de fogueo ao persoal dun club de alterne situado na estrada de Castro, en Narón.

Segundo indicaron fontes policiais, o imputado sacou a pistola tras perder todo o seu diñeiro nas máquinas comecartos xunto a unha empregada do establecemento.

Chegada a hora do peche do local, os encargados pedíronlle que abonase a conta das súas consumicións, pero A.M.C.P, «en actitude chulesca» e manifestando que era policía, sacou a pistola e apuntou a unha das mulleres. A continuación, ameazou con disparar a todos os que se atopaban no establecemento.

Axentes da Policía Nacional desprazados ata o lugar do altercado lograron reducir e deter ao individuo, que xa foi posto a disposición xudicial.

A arma intervida tratábase dunha pistola de fogueo manipulada cuxo análise por parte da Policía Científica consistirá agora en saber se podería efectuar ou non disparos.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1135