Nota de prensa de TERRA GALEGA
Fecha Sábado, 21 agosto a las 12:48:37
Tema PHP-Nuke


Tanta gloria leven como paz deixan

O que están a publicar os periódicos estes días sobre a marcha dalgún concelleiro de Terra Galega:
é unha clara manobra do PP, que segue a practicar as escuras artes do suborno e a merca de vontades, para acadar uns fins que non son quen de lograr doutro xeito.
Neste intre, é coñecida en todos os círculos políticos a preocupación do PP, por non conseguir os votos suficientes para facerse coa Deputación da Coruña.

TERRA GALEGA xurdiu con forza, ampliando as posibilidades de elección da cidadanía e ofrecendo unha forma de facer política que se alonxa da monotonía dos partidos tradicionais, que hoxe en día seguen sen ofrecer alternativas válidas para as necesidades do noso pobo.
TERRA GALEGA
se converteu nunha tarta tan  apetecible que houbo persoas que pretenderon utilizar as nosas siglas para buscar negocio e poñela ao ser servizo. Agora ben, tamén é sabido, que deron en óso, que eses oportunistas atoparon un partido serio e ben plantado, con raíces firmes, que lles impediu acadar os seus intereses particulares.
Este plan orquestrado polo PP, para que cada mes se vaia un concelleiro de TERRA GALEGA, semellando que hai unha crise, está a recibir unha resposta contundente desde  as nosas filas. Por cada “figurín” que se vai, que non é outra cousa que un monicreque do PP, TEGA abre dúas agrupacións. Que cada “estómago agradecido” que marcha, marcha só, pois o comité local mantén a súa vontade teguista. O que de certo podemos garantir dende Terra Galega e que éstes dous ou tres “confundidos”, que mudan do centro galeguista para a dereita españolista, é que non ían ser renovados nos seus postos polas súas agrupacións locais.
Certo é que deben ter medo, as enquisas que eles encargaron auguran boas expectativas para este novo xeito de facer política, TEGA vai presentar candidaturas en preto de 200 Concellos de Galicia e, por suposto, en todos os da comarca de Ferrolterra.
Xa lles contestamos a eses supostos demócratas que non van poder facer con Terra Galega o que fixeron con Coalición Galega, xa que os tempos mudaron, e aínda que intente silenciarnos nos medios, seguiremos informando coas webs, os xornais dixitais, os foros e si fai falla as octavillas.
Ben saben estes animais políticos do PP e os seus secuaces que con estes medios de comunicación é difícil chegar ás franxas de idade máis elevadas, por  iso este intento de descrédito cara a Terra Galega, impensable na democracia moderna. É unha mágoa que ese partido non aproveite para mirarse no espello da dereita europea e siga a caer en estratexias máis propias da era franquista.

Xermán Tobio
Secretario Xeral de Terra Galega  

Link:; TEGA - Xermán Tobío






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1134